Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

mércores, 28 de xaneiro de 2015

Medio Rural amortizará 130 postos de traballo en plena "recuperación económica"

A estes 130 postos únense os 86 xa amortizados no 2013

Desde os Gobernos do PP teñen unha gran obsesión eleitoral con que xa estamos na "recuperación económica" cando nas súa política de persoal dentro das Adminsitracións non vemos máis que axustes e amortizacións. Isto é así porque realmente non hai ningunha recuperación que valla e iso o sabemos ben a xente do común.

Unha nova proba desto na Xunta de Galiza é a proposta que nos remitiu a Consellaria de Medio Rural para modificar, de novo, a súa relación de postos de traballo (RPT).  Nesta documentación propoñen a amortización de 130 postos por valor de 3,2 millóns de €. Dentro destes hai de todo: peóns do servizo contra incendios,  técnicos/as investigadores, limpadores/as, oficiais agrarios, persoal veterinario, enxeñeiros/as técnicos industriais, persoal administrativo... de todos os niveis (postos base, negociados, seccións) e condicións (persoal laboral e funcionario).

O sistema é perverso: deixan sen cubrir as vacantes (nin as ofertan publicamente, nin chaman das listas) porque contratan os servizos necesarios con asistencias técnicas como TRAGSA ou empresas privadas coma Natutecnia, por exemplo. O que non gastan no capítulo I de persoal propio gástano polo capítulo VI como "inversións reais" que na realidade son subcontratacións de persoal que acaban en sentenza de cesión ilegal. Estas contratacións son moito máis flexibles desde todos os puntos de vista, tamén desde o enchufismo e a corrupción, como estamos fartos de ver.

Esta proposta únese a que xa fixeron  no 2013 tralos concursos de persoal laboral e administración especial no que amortizaran outros 86 postos por valor de 1,7 millóns de €.  De novo "axustan a súa RPT ás disposicións orzamentarias" e eliminan estes postos vacantes que deixan sen orzamentar conscientemente por unha decisión puramente política. Son os servizos públicos prestados con empresas onde se pode meter a quen lle dea a gana, onde se pode levar unha boa comisión pola contrata e onde se pode entra logo polas portas xiratorias. Xa que logo,  as traballadoras e traballadores públicos somos a mellor garantía contra a corrupción.

A parte desta modificiación na supresión de 130 postos públicos, tamén hai outras modificacións co obxecto de adaptar a RPT ao novo Decreto de estrutura da consellaría, crear 7 postos por sentenzas xudiciais firmes por subcontratación ilegal (das que ninguén se fai responsable) ou ben engadir nas observacións dos 19 postos cubertos por xubilados parciais que foron remudados con traballadores contratados (que cando queden vacantes proporán, seguramente, darlles o mesmo destino que o que fan agora con estes 130 postos).

A primeira reunión coas organizacións sindicais terá lugar o vindeiro luns día 3 de febreiro de 2015, ás 10.00 horas na Sala de Xuntas da Secretaría Xeral Técnica desta consellería no Edificio Admtvo. da Xunta en San Caetano.


Ningún comentario:

Publicar un comentario