Nos borradores da promoción interna, a Función Pública levaba unha novidade con relación aos cursos de formación que anunciaban o que pretenden que sexa a tónica xeral de agora en diante en concursos de traslados e nas fases de concurso dos procesos selectivos: que os cursos de formación caduquen (neste caso falaban de 8 anos).
Esta proposta era polémica polos cursos afectados: todos menos os de persoal directivo, xefatura de sección ou negociado. Ata resultaba chamativo que caducasen os de idiomas, ou que pasasen en 8 anos de valer todo a non valer nada calquera outro curso de calquera outra materia.
Pero máis polémica é polo momento na que o presentan: nun momento de recortes en formación, ou tímida recuperación, no que sempre hai máis solicitudes que prazas, sobre todo nos cursos máis demandados que son os que permiten unha maior promoción profesional. Así pois, a xente non ten oportunidade de actualizar os seus coñecementos. Será que a EGAP gasta demasiado en xornadas de tinte político no que tentan convencernos do inconvencible ou de publicacións innecesarias.
O 22 de xaneiro, na última reunión do Consello reitor da EGAP, falouse desto, entre outras cuestións que a directora da EGAP dedicouse a
ler unha por unha das páxinas do powerpoint de presentación da reunión.
No “Informe sobre as
actividades da EGAP no ano 2014”, a CIG constantou que segundo os
datos aportados desprendíase que a EGAP deixou
sen actividades continúa (cursos) a un
total 16988 peticións o que supón un 111,4% das solicitudes de cursos de formación, polo que moitos nos
sospeitamos que co incremento de 11 edicións deste ano 2.015 (3.29%), a espera
das solicitudes moito nos tememos que moitas delas quedarán sen resposta.
Por outra banda e
dentro dos distintos cadros que expuxo a directora, en todos aqueles que podía
poñía o grao de satisfacción do alumnado que en ningún caso baixaba de 4 sobre
unha puntuación de 5, aparentando con elo que o alumnado que recibiu os cursos
estaban altamente satisfeitos. Dende a CIG fíxoselle ver que este dato estaba
totalmente falseado, pois en ningún dos casos o número total de enquisas chegaron
a ser tan sequera o 50%, polo que non se pode chegar a extrapolar coas enquisas
grado de satisfacción ningún, ou no peor dos casos a valoración sería moi
negativa se pensaramos que quen non cubre as enquisas é porque considera que o
curso nin merece valoración.
grao satisfación
prazas
|
enquisas
|
% de
participación nas enquisas
|
|
actividades 2014 Admon. Autonomica
|
15471
|
5514
|
35,64
|
en programas de autoformación
|
963
|
129
|
13,40
|
actividades 2014 Admon. Xustiza
|
1360
|
681
|
50,07
|
actividades 2014 Admon. Local
|
525
|
225
|
42,86
|
actividades 2014 PAS universidades
|
1327
|
203
|
15,30
|
Xa nin que dicir a
cerca das xornadas e cursos monográficos, que nas enquisas non baixan dunha
valoración de 7 sobre 10, pero aquí xa non se informa tan sequera do numero de
enquisas, polo que si só dous participantes fan a enquisa e valoran o curso cun
10 cada un, a EGAP publicará que o grado de satisfacción entre os asistentes é
dun 10. Falseando por completo este dato de control.
Para o ano 2015
propoñen 345 edicións e 15810 prazas na formación Administración Autonómica. Desde a
CIG indicóuselles que en base a documentación remitida os datos non se axustan
pois despois de revisar edición e prazas sae un total de 316 edicións e 12.690
prazas, a directora comenta que se vai a revisar os datos.
Tamén lle preguntamos polo número de cursos que se realizarían en provincias,
contestando que non o sabían e que sairían publicados no DOG. Pedíuselle que
incluíse o desglose de edicións por provincias e na EGAP para as seguintes
reunións. Volveu a facer referencia a que os cursos en provincias solicítanse
menos (quedando algúns en ocupar completamente), ante o que se lle pediu que
achegasen datos.
En canto aos temarios indicar que a directora falou
dos temarios xa editados e expostos na páxina web, moitos desactualizados. En canto a máis temarios
dixo que está a espera da publicación no DOG dos temarios de promoción interna
para proceder a realización dos textos pertinentes, que serán expostos tamén na
paxina web. Do resto, nada.
Tamén resulta curioso que nos entes o único persoal que ten acceso aos cursos da EGAP sexa o persoal directivo. Segundo informan o persoal raso parece ser que existen convenios pero non se cumpren. A directora indicou que se esta a traballar para que no 2o semestre tanto os entes como o Consello de Contas, Consello Consultivo e persoal do Parlamento podan acceder a cursos de formación.
Solicitóuselle tamén que a parte sindical puidera participar na proposta de cursos en base a demanda que puidésemos observar nos traballadores. Remitiunos á caixa de suxestións para deixar nela todo o que consideremos oportuno. Ou sexa, forma fina de mandarnos á merda.
Tamén resulta curioso que nos entes o único persoal que ten acceso aos cursos da EGAP sexa o persoal directivo. Segundo informan o persoal raso parece ser que existen convenios pero non se cumpren. A directora indicou que se esta a traballar para que no 2o semestre tanto os entes como o Consello de Contas, Consello Consultivo e persoal do Parlamento podan acceder a cursos de formación.
Solicitóuselle tamén que a parte sindical puidera participar na proposta de cursos en base a demanda que puidésemos observar nos traballadores. Remitiunos á caixa de suxestións para deixar nela todo o que consideremos oportuno. Ou sexa, forma fina de mandarnos á merda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario