Queremos transmitirlle a nosa máis sincera gratitude por ter cumprido a súa promesa para cos seus traballadores e traballadoras públicas respecto da devolución da paga extra de 2012. Comprendimos xa no seu momento e seguimos comprendendo agora que suspender temporalmente o abono daquela paga extra era un mal menor para nós para que o país poidese saír da crise e alcanzar as cotas de esplendor das que hoxe en día xa disfrutamos. Sabe que sempre terá a súa disposición as nosas nóminas para o que precise.
Agora ben, e xa aproveitando a confianza que nos une, sendo vostede tamén compañeiro funcionario e estando tan ben relacionado con grandes emprendedores como Marcial Dorado, a familia Baltar, Pablo Crespo ou Gerardo Crespo, gustaríanos que nos transmitise algún consello sobre no que poder investir as xenerosas cantidades que tivo a graza concedernos. Así mesmo, e mentras tanto, gustaríanos saber se poderíamos usar a valixa interna do seu partido para manter o diñeiro a bo recaudo nalgún banco suízo ou calquera outro país no que, haxa ou non neve, sexa do agrado do Presidente.
Sen máis, reciba un caluroso e afectuoso saúdo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario