Actualmente fican na entrada das oficinas de Medio Rural situadas no Camiño Francés nº10 en Compostela varias caixas do exemplar nº1 da revista oficial da consellaría; este número é de xullo-setembro de 2011.
Medio Rural iniciou a súa andainda da revista de información institucional homónima co chisco característico de autobombo propagandístico. A comezos de 2012, en plena voráxine da lei de medidas, atopáramos na entrada da consellaría (en San Caetano) uns cantos palés amontoados con centenares de exemplares do seu número 2 que cabrearon moitísimo ao persoal público. Decíase aquelo de "pídennos esforzos a nós para que eles poidan seguir despilfarrando".
Daquela mandarámos un escrito á consellaría e denunciáramos o feito. Xa que nos pedían esforzos a nós, que menos que as consellarías deixaran de gastar cartos en edicións impresas que logo nin sequera chegaban aos destinatarios. Nuns días desapareceron de alí. Porén, a Xunta de cando en cando segue facendo edicións impresas de publicacións que quedan amoroadas en corredores, arquivos e que non lee ninguén.
De cada número que se ten editado fanse tiradas de 25.000 exemplares da revista en formato papel de moi boa calidade. Cónstanos tamén que nun primeiro momento algúns exemplares si foron enviados a diferentes colectivos do sector do país e parte do exterior e cónstanos porque o facía o propio persoal da consellaría.
Imos pensar que se trata dunha cuestión de falta de previsión e desidia e non que ninguén é amigo de ninguhha imprenta e como hai cartos na partida orzamentaria veña a facer revistas. Parécenos lamentable a falta de coherencia da Xunta de Galiza que fala de racionalización e logo atopamos estas revistas nas que se gastaron uns cartos e non chegaron a ningún lado, nin van chegar, dada a data de edición.

Ningún comentario:
Publicar un comentario