Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

mércores, 7 de xaneiro de 2015

"Un exame avaliará aos funcionarios galegos que poderían perder o seu posto"

Faro de Vigo inauguraba este sábado, 3 de xaneiro, unha serie de reportaxes sobre o que vai trar consigo a nova Lei de Emprego Público de Galiza: "Novo escenario para os traballadores públicos(I)" De feito, abría a portada co seguinte titular: "Un exame avaliará aos funcionarios galegos que podería perder o seu posto". Tamén o podedes atopar na versión dixital pero só de pago.

Non entendemos onde está a novidade desta información xa que este aspecto do texto do proxecto de Lei non é novidoso e, aínda que con cambios, xa se viña falando deste tema durante todo o ano pasado. En calquera caso, o texto definitivo do proxecto de Lei foi remitido vai 2 semanas ao Parlamento e sería ese o momento de sacar algo e non agora.  

Curiosamente citan os argumentos da Consellaría de Facenda a favor deste modelo de avaliación pero cando falan da postura contraria dos "sindicatos" non din absolutamente nada dos argumentos de cada un deles. Curiosamente tampouco entran para nada en como será esa avaliación, nin que criterios seguirá. 

O que propón o proxecto de Lei do Emprego público é unha avaliación de desempeño por criterios non obxectivos, difícilmente medibles (como o interese, a iniciativa ou o esforzo), sen elemento contraditorio e realizada por un órgano que aínda que autónomo é nomeado na case totalidade pola Administración. Desta avaliación dependerá a nosa carreira profesional, a conservación do noso posto e as nosas retribucións. Así pois, teñen un elemento novo co que controlar politicamente ao persoal e perdese a tan necesaria independencia nunha Administración pública que debe estar ao único servizo da cidadanía.

Tamén lle fan publicidade á Xunta co eterno tema das liberacións sindicais, co traslado forzoso por necesidades do servizo e por suposto coa devolución da paga extra e a supresión do plus dos altos cargos. Nada fala, por certo, da implantación do novo persoal directivo, das súas retribucións fixas e variables, do seu tipo de contrato ou da súa avaliación. 

Un traballo completo citando datos de número de empregadas e empregados públicos (e liberadas e liberados sindicais) por Comunidade Aunónoma e por suposto as vontades do proxecto, con curso de repesca incluído para o caso de suspender o exame, aínda que con certas inexactitudes como que as comisións de servizo forzosas sexan unha novidade lexislativa (xa están no artigo 53 da LFPG actual), que vaían devolver o 12,5% da paga extra de decembro de 2012 ou que todas as horas sindicais de representación se acumulen en liberacións e que todas estas sexan cubertas interinamente cando, como as baixas por IT, só cubren as de "urxente necesidade".

Todo esto lóxicamente téñeno nas súas caixas de correo este e outros medios de comunicación, así como a parte do texto onde se fai referencia ao que dicimos,  pero claro, non lle interesa tanto resaltalo porque nós non pagamos para que nos publiquen as cousas.

Resulta gravoso que co diñeiro de toda a cidadanía galega o Goberno da Xunta compre espazos de publireportaxe en medios de gran difusión para crear cortinas de fume sobre a súa incompetencia na xestión dos servizos públicos. Ou non saben, ou non lles interesa ou teñen máis interese en privatizalos.

No canto de asumir a súa responsabilidade o Goberno da Xunta apunta intencionadamente cara a profesionalidade das traballadores e traballadores públicos que "non se queren mover ou non queren ser examinados". Agora ben, nada fala dos recortes materiais  e de persoal que se deron nos distintos servizos públicos para que cada vez estean máis colpasados, como por exemplo, os servizos sanitarios ou os servizos sociais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario