Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

luns, 12 de xaneiro de 2015

Aberto o prazo de solicitude do aboamento anticipado de deducións por familias numerosas e persoas con discapacidade

A partires do 7 de xaneiro poderase solicitar na Axencia Tributaria a dedución no IRPF actualmente en vigor para quen teña ao seu cargo menores de 3 anos, por parte das familias numerosas e/ou con diversidade funcional


A solicitude poderase presentar por internet ou teléfono, a partir do 7 de xaneiro e presencialmente dende o 3 de febreiro, en calquera oficina da Axencia Tributaria, logo de formalización na web da Axencia, impresión e sinatura por parte das persoas solicitantes.


O modelo de solicitude poderase presentar por internet na web da Axencia Tributaria (www.agenciatributaria.es) mediante 'Cl@ve', 'PIN 24 horas', DNI electrónico ou certificado dixital. Ao final da carta remitida ás persoas beneficiarias recóllese o Código Seguro de Verificación (CSV) requirido para as novas altas en Cl@ve daquelas persoas beneficiarias que non estean rexistradas no PIN 24 horas. A solicitude tamén se poderá formalizar a partir desa data por teléfono chamando ao 901 200 345.

A solicitude do pagamento anticipado poderase realizar de xeito colectivo ou individual mediante a presentación dun novo modelo, o 143, por cada unha das deducións, acumulables entre si, ás que as persoas beneficiarias teñan dereito (100 euros mensuais por familia numerosa e por cada descendente e ascendente con discapacidade; 200 euros no caso de familias numerosas de categoría especial).

As deducións, que poderán alcanzar os 1.200 euros anuais por cada descendente ou ascendente con discapacidade e por familia numerosa, e os 2.400 euros no caso de familias numerosas de categoría especial, calcularanse de forma proporcional ao número de meses en que se cumpran os requisitos.

Os requisitos son dous:
- realizar unha actividade pola que se cotice á Seguridade Social ou mutualidade alternativa;
- ter dereito á aplicación do mínimo por descendente ou ascendente con discapacidade, ou ser ascendente ou irmán/á orfo/a de pai e nai formando parte dunha familia numerosa.

O límite para cada unha das deducións serán as cotizacións e cotas totais á Seguridade Social e/ou mutualidades devindicadas en cada período impositivo. Se se tivese dereito á dedución por contar con varios ascendentes e/ou descendentes con discapacidade, o límite aplicarase de forma independente respecto de cada un deles.

As deducións incluiranse na declaración anual de IRPF do 2015, a presentar en 2016, onde se regularizarán as cantidades que se tivesen percibido como aboamento anticipado.

Cando existan varias persoas beneficiarias dunha mesma dedución, o aboamento anticipado solicitarase de xeito colectivo ou individual, elección que se poderá modificar para as distintas deducións en xaneiro de cada ano.

No caso da solicitude colectiva, deberán subscribir a solicitude todas as persoas solicitantes que puidesen ter dereito á dedución. Quen figure como primeira solicitante deberá cumprir os requisitos para o aboamento da dedución no momento en que se presente a solicitude e será quen reciba a transferencia bancaria mensual. Se as persoas beneficiarias optan, en cambio, pola solicitude individual, o importe da dedución dividirase entre as distintas persoas solicitantes por partes iguais.

Pode que tamén che interese a dedución por maternidade por crianzas menores de 3 anos para nais traballadoras e a posibilidade do seu aboamento anticipado. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario