Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

venres, 30 de xaneiro de 2015

A conselleira Beatriz Mato ou minte ou descoñece a grave situación que están a sufrir os usuarios e o persoal de todos os centros de Traballo e Benestar

Ante as declaracións da conselleira de Traballo e Benestar nas que afirma que as protestas contra as quendas de traballo abusivas e machacadoras só se refiren a dous centros da provincia de Coruña (R.M. Oleiros e R.M. Torrente Ballester), por parte do Comité de Empresa de Traballo e Benestar da Coruña, e acolléndose ao dereito de réplica,  remítennos a seguinte reseña informativa:

"Durante o ano 2014 as protestas do persoal laboral foron xeneralizadas e visibles en todos os centros da provincia da Coruña contra as quendas de traballo con imposición de xornadas abusivas, machacadoras e temerariais, a escasez de persoal e a falta de cobertura do persoal de baixa.

O persoal tamén ten denunciado a escasez e deterioro do material co que se traballa, o recorte na disposición de cueiros ata só 3 por persoa e día (1 só pola noite) e as graves deficiencias e carencias das infraestruturas de moitos destes centros.

A situación de protestas e indignación do persoal laboral que traballa nas Residencias de Maiores, Centros de Menores e CAPD da Coruña, é xeneralizada e común a todos os centros que dependen directamente de Traballo e Benestar. É pouco creible que a conselleira Beatriz Mato descoñeza esta situación e pareza que se acaba de enterar desta grave problemática. Mesmo o seu departamento foi condenado no ano 2013 por unha sentencia por conflicto colectivo a negociar as quendas de traballo dun xeito equilibrado e non discriminatorio. Sentencia que Beatriz Mato deixou en papel mollado e volveu a repetir as mesmas quendas de traballo e o mesmo sistema de imposición e non negociación coa representación sindical dos centros de Benestar. Por eso volve estar nos xuzgados a denuncia de imposición das carteleiras do 2014 e presentaremos no seu momento as correspondentes ao ano 2015. Porque durante todos estes anos Beatriz Mato convertiu TODAS as residencias de maiores e centros de menores en focos de explotación laboral, donde as baixas por problemas de saúde derivados da sobrecarga física e o stres laboral son cada vez mais numerosas e resulta imposible a conciliación laboral e familiar ao traballarse , sete e nove días continuados, domingos e festivos seguidos con secuencias de tres a seis domingos ou festivos continuados de traballo.

O  Comité de Empresa tenlle comunicado a Beatriz Mato, e aos seus altos cargos nomeados a dedo como a Xefa Territorial da Coruña e a todos e cada un dos directores/as destes centros que a situación nas Residencias de Maiores e Centros de Menores é denigrante e  que a imposición destas quendas de traballo que non teñen en conta as especiais circunstancias que se dan nas Residencias de Maiores, nos Centros de Menores e no CAPD da Coruña, provocan situacións que levan  a un deterioro progresivo ds condicións de traballo e das instalacións dos centros que poñen en perigro a saúde do persoal e a vida dos usuarios. Baste recordar o recente suceso da caída da rampa de acceso do CAPD da Coruña que poido derivar en victimas ou a situación de paralización das obras da Residencia de Maiores de Ferrol que manteñen no caos a vida diaria dos residentes e do persoal deste Centro.

Remitimos fotos de concentración de traballladores/as dos centros dos que Beatriz Mato dí descoñecer que existan protestas: Residencia de Maiores Volta do Castro de Santiago de Compostela, Residencia de Maiores Porta do Camiño de Santiago de Compostela, Centro de Menores San Xosé de Calasanz da Coruña, Residencia de Maiores de Ferrol e CAPD da Coruña, e da realizada diante da Xefatura Territorial da Coruña, por cerca de 200 traballadores7as de todos os centros da provincia da Coruña. E convidamos expresamente a ese medio de comunicación a visitar estes centros e a falar co persoal directamente para comprobar in situ a situación que denunciamos, entendendo que a propia Beatriz Mato non debe poñer trabas a este tipo de transparencia informativa si quere demostrar a verdade e a situación real, e quen minte nesta situación.

Como estamos seguros que Beatriz Mato vai seguir negando a verdad, dende o Comité de Empresa imos insistir en que se sepan as verdadeiras condicións reais destes centros e as mobilizacións e protestas van a continuar mentras non se solucionen os graves problemas de recortes e desatención na que están os centros de atención directa de Traballo e Benestar na provincia da Coruña."









Ningún comentario:

Publicar un comentario