A consellería, PARA AFORRAR DIÑEIRO PÚBLICO EN CANTIDADE E CALIDADE, quer integrar na Axencia Galega de Servizos Sociais (AGSS) ás Escolas Infantís, Residencias de Maiores, Centros de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPDs) e Centros pertencentes aos Consorcio Galego de Servizos Sociais.
Como as cousas importantes, a Xunta as move, e móvese en función da PROXIMIDADE DAS ELECCIÓNS, decidiu que xa era hora de mover algo da Axencia xa que vai haber Eleccións Municipais o 24 de maio. Pasaron xa dous anos. A Consellería enviou en dous anos tres borradores aos Sindicatos, PARA NADA.
E agora empezan as presas, e como as cousas non están feitas, van funcionando sobre a marcha. Iso sí, SEN INFORMAR AOS SINDICATOS, AO COMITÉ INTERCENTROS, E AOS TRABALLADORES AFECTADOS.
Así acontece que estes días traballadoras e traballadores das ESCOLAS INFANTÍS, reciben un escrito ca BAIXA da súa Empresa -que é a Xefatura Territorial de Traballo e Benestar- na Seguridade Social o 29 de decembro do 2014, e reciben outro escrito que é a ALTA da Axencia Galega de Servizos Sociais o 1 de xaneiro do 2015 na Seguridade Social. Algún escrito explicativo? NON.
Chaman Delegad@a Sindicais, traballadoras das Escolas á Xefatura que hai en cada provincia solicitando máis información. NON HAI MÁIS INFORMACIÓN.
Están preparando algo pero non poden informar nada. E para o 24 de maio recibiremos cantidade de papeis para que os votemos. POIS NON. Xa perderon 2 millóns e medios de votos nas Eleccións Europeas e agora van perder un montón de votos en todas as que vai haber.
Héctor Sánchez
Delegado do Comité de Empresa de Traballo e Benestar da Coruña
Ningún comentario:
Publicar un comentario