Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

luns, 5 de xaneiro de 2015

Boikot comercial ao Leroy Merlin de Santiago de Compostela

Como traballadoras e traballadores temos moita forza pero como consumidoras e consumidores tamén. En ámbolos dous casos, a unión fai a forza. 

O que vos contamos hoxe é o que está pasando no Leroy Merlín de Santiago de Compostela e a nosa unidade fronte ao acoso a un compañeiro simplemente por loitar porque se respecten os dereitos laborais no seu centro de traballo. Vos decidides se queredes seguir apoiando económicamente esta empresa ou presionala para que respecten os dereitos laborais.

Eso sen entrar nas condicións laborais (e medioambientais) que teñen alí onde producen a mercadoría que venden, pero do que temos constancia con datos concretos é da vulneración de dereitos laborais aquí, ao lado da casa, por parte dunha multinacional desas de cara amable... mentres non te dea por levarlles a contraria, claro.

Na concentración que tivo lugar o pasado venres, 2 de xaneiro, diante do Leroy Merlin de Compostela acudimos a apoiar este compañeiro xente de diversas orixes, tamén da Xunta de Galiza, e repartimos as seguintes volantinas:

Ningún comentario:

Publicar un comentario