luns, 27 de xuño de 2016

Nova proposta de megacordo para o recoñecemento do tempo do servizo militar nos trienios

Seguimos cos acordos botados en período interelectoral: que se moscosos e canosos, que se paga extra 2012, que si cachiño da de 2013, que si OPE persoal laboral, xubilacións parciais e agora chega o cómputo do servizo militar (algo que xa tiñan noutras Administracións ou relacións xurídico-laborais porque, como moita das cousas que acordan, é a punta de sentenza xudicial).

PROPOSTA DE ACORDO DA DIRECCIÓN XERAL DA FUNCIÓN PÚBLICA E AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS PARA O RECOÑECEMENTO DO TEMPO DO SERVIZO MILITAR PARA O CÓMPUTO DOS TRIENIOS DO PERSOAL LABORAL DO V CONVENIO COLECTIVO DA XUNTA DE GALICIA.

O artigo 26 do V convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia establece:

“Para o cómputo de trienios, …… …., teranse en conta os servizos prestados durante o tempo de duración do servizo militar ou equivalente”.

O Tribunal Supremo non ten emitido un pronunciamento xudicial sobre o fondo do asunto xa que nos recursos de casación interpostos se ven utilizando a sentenza de contraste STSXG do 16 de xuño de 2001, que é a única sentenza firme desfavorable ao recoñecemento dos trienios de que se dispón.

Analizado polo miúdo o contido das sentenzas recaídas pódese concluír que na práctica totalidade delas se recoñece ao persoal laboral da Xunta de Galicia o dereito a que se contabilice, aos efectos de antigüidade, o período no que os demandantes realizaron o servizo militar para o cómputo dos trienios

En aplicación da disposición adicional décimo primeira do V con. Col. citado,

AS PARTES ACORDAN

Primeiro.-Recoñecer, para o persoal laboral do V convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, segundo a interpretación literal do seu artigo 26, os servizos prestados durante o tempo de duración do servizo militar ou equivalente para o cómputo dos trienios.

Segundo.-O dito recoñecemento terá efectos económicos dende a reclamación administrativa previa desestimada pola administración para aqueles traballadores que non o teñan recoñecido xudicialmente mediante sentenza definitiva e firme.

Terceiro.-As novas solicitudes resolveránse aplicando o criterio da literalidad da norma citada.

2 comentarios:

  1. E esto mesmo se podería negociar para os funcionarios de carreira, sería unha discriminación total. ¿Estades nelo?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Dende a CIG esiximos tamén que este acordo se faga extensivo ao persoal funcionario que non o teña recoñecido, xa que entendemos que os dereitos deben ser iguais para todos os empregados públicos.

      Eliminar