Ante as declaracións da conselleira de Traballo e Benestar nas que afirma que as protestas contra as quendas de traballo abusivas e machacadoras só se refiren a dous centros da provincia de Coruña (R.M. Oleiros e R.M. Torrente Ballester), por parte do Comité de Empresa de Traballo e Benestar da Coruña, e acolléndose ao dereito de réplica, remítennos a seguinte reseña informativa:
"Durante o ano 2014 as protestas do persoal laboral foron xeneralizadas e visibles en todos os centros da provincia da Coruña contra as quendas de traballo con imposición de xornadas abusivas, machacadoras e temerariais, a escasez de persoal e a falta de cobertura do persoal de baixa.
O persoal tamén ten denunciado a escasez e deterioro do material co que se traballa, o recorte na disposición de cueiros ata só 3 por persoa e día (1 só pola noite) e as graves deficiencias e carencias das infraestruturas de moitos destes centros.