Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

martes, 22 de setembro de 2015

Cambio na convocatoria pública de adscricións temporais para o persoal laboral da Área de Educación

Segundo informa a Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

A partir do 10 de outubro a convocatoria pública farase a través do portal da Dirección Xeral de Función Pública, no apartado de anuncios de comisións de servizo. Este cambio afecta aos postos de persoal laboral da RPT da área de Educación que queden vacantes sen ocupación a partir do 10 de outubro e que sexan suceptibles de cobertura por medio da adscrición temporal prevista no artigo 7.5.a) do V Convenio Colectivo.

Desde isa data, as solicitudes formuladas con anterioridade, ao abeiro do modelo anterior de convocatoria aberta que seguía esta consellaría, quedarán sen efecto. De xeito que desde o 15 de outrubro só serán admitidas as solicitudes que se formulen dentro do prazo establecido na correspondente convocatoria.


De non existir solicitudes válidas dentro do prazo concedido en cada convcoatoria, o posto en cuestión poderá ser cuberto, de ser o caso, por medio da contratación de persoal laboral temporal, dentro dos límites establecidos na convocatoria vixente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario