Non hai intencion de recuperación de ningún dos recortes realizados pola Xunta de Galiza ao seu persoal, nin recuperación das extras completas, nin recuperación do 100% retribucións en situación de IT dendo primeiro día, entre outras.
O conselleiro de Facenda adiantou o luns, 14 de setembro, que a Xunta de Galiza se limitará a trasladar ao persoal que dependa da Xunta de Galiza os contidos dos decretos establecidos polo goberno español. A Mesa xeral que está convocada para martes, 15 de setembor, tan soio abordará o pagamento do 25% da paga extraordinaria adebedada do ano 2012, pagamento que, segundo palabras do conselleiro podería ser efectivo no mes de novembro ou decembro de este ano. Xunto a esto efectifizarase un dia de asuntos propios que se poderá disfrutar este ano 2015.
En canto aos días adicionais de permiso por asuntos propios e de vacacións por antiguidade, a Xunta de Galiza convocará mesa de negociación proximamente.
En canto aos días adicionais de permiso por asuntos propios e de vacacións por antiguidade, a Xunta de Galiza convocará mesa de negociación proximamente.
Avance Orzamentos Xunta ano 2016: Pagamento 50% paga extraordinaria adebedada do ano 2012 e trasposición do contido dos rzamentos xerais do estado (1% subida salarial; taxas de reposición 100% servicios esenciais, 50% resto de servizos) .
Non hai intencion de recuperación de ningún dos recortes realizados pola Xunta de Galiza ao seu persoal, nin recuperación das extras completas, nin recuperación do 100% retribucións en situación de IT dendo primeiro día, nin restitución da xornada laboral modificada a diferentes colectivos....
Recordamos que as politicas salairaias ata o ano 2015, en canto a perda de poder adquisitivo dos/as traballadores das administracións públicas galegas elévase a máis do 30% dende o ano 2010.
Consideramos que o goberno da Xunta de Galiza e a súa Adiministración está a realizar unha politica de cara os servizos públicos que vén dominada polas intruccións que recibe do estado español, ignorando completamente cal é a realidade que estar a soportar e sofir os seus servizos públicos e o seu persoal.
Fóra de esto o conselleiro dixo que ten intención de abrir negociacións en canto: ofertas de emprego público anuais aprobeitando as taxas de reposicións que levaran os presupostos do ano 2016; procesos de funcionarización do persoal laboral (como xa se fixeron en algunhas universidades galegas) e volve a falar de retribucións (non aclara nada despois do que di sobre as mesmas para o ano 2016).
Fóra de esto o conselleiro dixo que ten intención de abrir negociacións en canto: ofertas de emprego público anuais aprobeitando as taxas de reposicións que levaran os presupostos do ano 2016; procesos de funcionarización do persoal laboral (como xa se fixeron en algunhas universidades galegas) e volve a falar de retribucións (non aclara nada despois do que di sobre as mesmas para o ano 2016).
Consideramos que estas últimas medidas se adoptan co obxectivo de facer unha convocatoria de emprego público para “lavar a cara do PP de cara ás eleccións autonómicas que se celebrarán o vindeiro ano e como parte da campaña electoral de Feijóo”. Unha convocatoria que entenden que “non servirá para dotar do persoal necesario os servizos públicos para garantir o seu axeitado funcionamento, logo do que se leva amortizado nestes últimos anos” (5000 empregos públicos desde o 2010 ata 2014).
En función dos resultados das eleccións xerais, e se veñan aproximando as do noso país a finais do ano que vén, seguramente poida caer algunha outra regalía e mesmo deixen de lado eso de "limitarse a seguir instrucións do Estado" como se aquí non tiveran capacidade lexislativa propia como por exemplo, para quitarnos as pagas extras completas. Unha das Administracións "con mellores datos macroeconómicos" e unha das únicas nas que o seu persoal non cobra as pagas extras completas.
AS PAGAS EXTRAS QUERÉMOLAS COMPLETAS!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario