Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

sábado, 5 de setembro de 2015

Solicitude de ditame ao Consello de Estado para aprobar medidas que afectan aos empregados públicos e diversos créditos extrarodinarios

O Consello de Ministros acordou solicitar á Comisión Permanente do Consello de Estado a emisión de ditame con carácter urxente, antes do día 11 de setembro, respecto a un proxecto de Real Decreto Lei polo que se conceden varios créditos extraordinarios e suplementos de crédito no Presuposto do Estado correspondentes a diversos departamentos ministeriais.

En concreto, o texto do Real Decreto Lei, que será sometido á aprobación do Consello de Ministros da próxima semana, inclúe a concesión de créditos extraordinarios e suplementos de crédito nos departamentos de Defensa, Fomento e Agricultura, Alimentación e Medio. Trátase de necesidades adicionais de financiamento, dos departamentos afectados, por un importe inferior a 650 millóns de euros.

O proxecto de Real Decreto Lei inclúe, ademais, as seguintes medidas en materia de función pública:


  • Recuperación dun 26,23 por 100 adicional da paga extraordinaria dos empregados públicos suspendida en decembro de 2012. O importe da recuperación desta parte proporcional da paga extraordinaria ascende a 252 millóns de euros para a Administración Xeral do Estado.
  • Recuperación da regulación de vacacións dos empregados públicos previa a 2012. Apróbase un día adicional de permiso por asuntos particulares, ata un total de seis. Ademais, recupéranse os días adicionais de vacacións e de permiso por asuntos particulares vinculados á antigüidade.
Unha vez emitido o ditame polo Consello de Estado, o Real Decreto Lei someterase á aprobación do próximo Consello de Ministros.



Nova medida anunciada polo Goberno para reconciliarse coas empregadas públicas e outras medidas non tan novas

Cales dos acordos da "recuperación económica" do persoal público que se decidan en Madrid atravesarán o Padornelo?

Ningún comentario:

Publicar un comentario