Esta carta repartirase á pé de rúa nas moblizacións dos días 17 e 24 na Coruña.
Á ATENCIÓN DE TODOS/AS OS/AS DA PROVINCIA DA CORUÑA
O PERSOAL LABORAL DOS CENTROS DE ATENCIÓN DIRECTA DA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR, ESTAMOS EN LOITA POLOS NOSOS DEREITOS E EN DEFENSA DA CALIDADE DAS PRESTACIÓNS AOS USUARIOS DOS NOSOS CENTROS.
Somos traballadoras e traballadores de Residencias de Maiores, Escolas In-fantís, Centros de Menores, Centro de Atención a Persoas con Discapacidade, Centros Sociocomunitarios, de atención directa aos usuarios destes centros da Consellería de Traballo e Benestar.
Queremos poñer en coñecemento de todos e todas os/as cidadańs a situación que estamos a padecer, dende xa fai varios anos, pola imposición dunha serie de recortes e medidas arbitarias, impostas dende a Consellería de Traballo e Benestar que están a crear unha situación laboral de explotación, estres e perdida da calidade asistencial, e da que hoxe somos os traballadores/as os que as sufrimos XUNTO cos actuais usuarios dos nosos centros, pero que AFECTAN A TODA A CIDADANIA, ao ser uns servizos sociais públicos que pagamos cos impostos de todos e dos que o 100% da poboación vai ser usua-rio nalgun momento da súa vida ou dun familiar. Polo que consideramos opor-tuno e necesario que a grave situación que estamos a vivir sexa de coñece-mento público para ESIXIR entre todos unha SOLUCIÓN urxente e inaplazable aos problemas do persoal e usuarios dos centros de atención directa de Benestar da Xunta de Galicia.
Levamos xa varios anos loitando contra esta situacion, fixemos folgas, concentracións, peches, manifestacións, caravanas, ducia de escritos de protesta, denuncias no Valedor do Povo, na Inspección de Traballo, nos xuzgados, no Parlamento...pero a IMPOSICIÓN E RECORTES da Consellería de Traballo e Benestar siguen vixentes e con toda dureza e crueldade, SIN SOLUCIÓNS.
Por eso consideramos chegado o momento de dar a coñecer esta situación a todos e todas os/as cidadáns para XUNTOS demandar da Xunta de Galicia que se tomen as medidas para repoñer os dereitos do persoal laboral e garan-tizar uns servicios sociais de calidade e que cubran todas as necesidades dos usuarios tendo en conta as demandas de quenes teñen que utilizar unha residencia de maiores, un centro de menores, unha escola infantil,un centro sociocultural ou o centro de atención a persoas con discapacidade da Coruña.
Entre eses graves problemas a SOLUCIONAR queremos dar a coñecer os seguintes:
- Estamos a traballar 7 días consecutivos. Estamos a traballar 14 festivos anuais, Estamos a traballar en quendas de dous domingos consecuti-vos.Estamos a traballar o doble e sobrecargados de tarefas ao ter que asumir o traballo do persoal de baixa ou con ausencias xustificadas que NON se cu-bren.Estamos a traballar coa negativa casi permanente de NON concesión de permisos xustificados ou licenzas, que se denegan por necesidades de servizo derivadas da escasez de plantillas e non cobertura de baixas.
- Estamos a traballar cunha escasez moi grave de novo material, e con maqui-naria e utensilios obsoletos ou averiados que nunca se amañan.
- Estamos a traballar sendo victimas da imposbilidade de conciliar a vida labo-ral coa familiar.
- Estamos a traballar nunha situación de impotencia para poder prestarlle ao usuarios os servizos de calidade que lle corresponden e a atención integral que a Consellería de Traballo e Benestar NON lle administra adecuadamente (recorte do uso de cueiros, privatización servizos, minoración actividades de mantemento físico, lúdicos,etc).
CONSIDERAMOS QUE ESTA SITUACIÓN TAMÉN TEN GRAVE CONSE-CUENCIA PARA OS CIDADANS QUE SON, VAN A SER OU PODEN SER USUARIOS DESTES CENTROS.
PARA O PERSOAL DE ATENCIÓN DIRECTA DESTES CENTROS É MOTIVO DE EXPLOTACIÓN, DE ESTRES LABORAL, DE BAIXAS POR AGOTAMIENTO E LESIÓNS FISICAS E DE IMPOSIBILIDADE DE CONCILIAR A VIDA LABORAL E FAMILIAR.
TAMÉN É UNHA OFENSA PARA OS USUARIOS DOS CENTROS QUE VEN RECORTADAS AS PRESTACIÓNS QUE NECESITAN E A PERDA DA CALI-DADE DOS SERVIZOS PRESTADOS, RESPONSABILIDADE ÚNICA DA XUNTA DE GALICIA, DO PRESIDENTE NUÑEZ FEIJOO E DE BEATRIZ MATO, CONSELLEIRA DE TRABALLO E BENESTAR.
POR ESO SOLICITAMOS O APOIO E SOLIDARIDADE DE TODOS OS CI-DADANS. CONTRA OS RECORTES NOS SERVICIOS SOCIAIS E DE BE-NESTAR DA XUNTA DE GALICIA.
A Coruña, 14 de setembro de 2015
Comité de Empresa da Consellaría de Traballo e Benestr (A Coruña)
Ningún comentario:
Publicar un comentario