Desde
a CIG facemos un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas
polo feminismo galego para este martes, 8 de setembro, ás 20 horas, en
repulsa ao asasinato
machista dunha muller en Vigo, a quinta vítima da violencia machista no
que vai de ano en Galiza.
Mulleres organizadas en grupos de acción local na Coruña, Lugo ou en Compostela, na Marcha Mundial das Mulleres de Ferrol, Vigo e Ourense, xunto con diversas mulleres militantes do feminismo galego, convocamos concentracións en repulsa ao asasinato machista dunha muller na cidade de Vigo, ocorrido na tarde do domingo.

Estamos
ante a quinta vítima oficial en Galiza, logo dos asasinatos de Isabel
Fuentes no hospital de Ourense, de Beatriz Rodríguez Mariño e a súa
parella en Arbo (aínda
que este último non contabiliza nas estatísticas oficiais, como
tampouco o fai o crime aínda sen resolver da muller asasinada preto do
Seminario en Ourense), e as dúas meniñas asasinadas en Moraña o pasado
mes polo seu pai.
Desde a Confederación Intersindical Galega unímonos ao rexeitamento da violencia machista e facemos un chamamento á mobilización de toda a sociedade galega. Que o silencio non nos faga cómplices. Ningunha agresión pode quedar sen resposta.
LUGARES E HORAS DAS CONCENTRACIÓNS DO MARTES 8 DE SETEMBRO:
A CORUÑA, Obelisco, ás 20 horas
FERROL, Praza do Concello, ás 20 horas
OURENSE, Subdelegación, ás 20 horas
PONTEVEDRA, Praza 8 de marzo, ás 20 horas
COMPOSTELA, Praza 8 de marzo /Porta do Camiño, ás 20 horas
VIGO, no Marco, ás 20 horas

Ningún comentario:
Publicar un comentario