Entre a reunión co conselleiro do luns, 14 de setembro, e a Mesa Xeral do 15, esto foi o que nos comunicou a Xunta das súas intencións programáticas actuais para a devolución dos nosos dereitos laborais detraídos. Todo isto a teor da aprobación do RD-lei 10/2015 polo Consello de Ministros o venres 11 de setembro (BOE 12/09/2015).
PAGA EXTRA 2012
- 26,23% (48 días) pagamento previsiblemente en novembro de 2015
- 50% pendente: abrirán negociacións nas vindeiras semanas para metelo no Orzamento de 2016 e abonalo, se for posible, no primeiro trimestre 2016
COMPLEMENTO ESPECÍFICO (OU
EQUIVALENTE) NAS PAGAS EXTRAS
2017 a expensas da evolución
da economía (Non especifican de que cifras nin parámetros económicos falan)
(NO ESTADO NON LLO QUITARON)
MOSCOSOS (CARÁCTER BÁSICO)
1 día adicional con efectos
inmediatos
CANOSOS (1) E DÍAS ADICIONAIS POR
VACACIÓNS (2)
En breve abrirán mesa de
negociación (non deixan claro que nos vaian aplicar os mesmos ca no ESTADO). Móstrase
abertos a ampliar o gozo dos que correspondan este ano ata marzo-abril do 2016
(1) As Administracións públicas poderán establecerse ata 2 días adicionais ao cumprir o 6º trienio,
incrementándose, como máximo, en 1 día adicional por cada trienio cumprido a
partir do 8º. Na Administración Xeral do Estado xa é de aplicación inmediata. V.: RD-lei 10/2015 (BOE 12/09/2015)
(2) Cada Administración poderá
establecer ata un máximo de 4 días adicionais de vacacións. Na Administración
Xeral do Estado terase dereito a 23 días de vacacións ao ano aos 15 anos de
servizo; a 24 días aos 20 anos, a 25 días aos 25 anos e a 26 días aos 30 anos
de servizo. V: Ídem
Ningún comentario:
Publicar un comentario