En total esa cifra ascendería a 107 millóns se temos en conta as transferencias correntes de crédito a entidades instrumentais, universidades e concertos educativos para pagar o seu persoal propio. Con iso, aínda poderían facer ás nosas costas case outros 100 Spas de viñoterapia.
O famoso proxecto de lei polo que nos van devolver un 26,23% da paga extra retida desde 2012 chegou ao Parlamento galego e martes 29 de setembro someterase a debate e votación do Pleno. En canto a facer efectivo o cobro para o persoal da Xunta, remitímonos ao comunicado na Mesa Xeral do 15 de setembro onde se falaba de que previsiblemente sería en novembro.
Da memoria económica extraemos a información onde consta o balón de osíxeno que supuxo para a Xunta a retención da paga extra de 2012. A dita retención deulle a Xunta un préstamo a 4 anos de 215 millóns de € e iso sen ter que pagar un só euro en xuros ou comisións.
Coa devolución dese 26,23% terá que desembolsar en breve uns 56 millóns de € se ben aínda adebeda ao redor de 107 millóns de € só polo concepto da paga extra de 2012. Nestes cálculos contémplanse non só as nóminas do persoal de Xunta, Organismos Autónomos (incluído Sergas) e Axencias, senón tamén as transferencias a entidades instrumentais, universidades e concertos educativos para pagar o seu persoal.
Aínda así, o verdadeiro préstamo "a fondo perdido" está sendo o 4% das retribucións brutas anuais que perdemos desde o 2013 en concepto de complemento específico (ou equivalente) nas pagas extras. Algunhas fontes calculan en 600 millóns de € esta cantidade ata o 2016, último ano, ano electoral en Galiza, que segundo Feijóo imos ter este recorte.
En fin, para qué emitir débeda pública e aumentar o déficit, cando poden reter indefinidamente parte da nómina anual do persoal sen que lle custe un euro e aínda por riba sacando rédito electoral. A base de recortar e tomar prestado máis que as demais Administracións das nóminas do persoal é fácil cadrar os números macroeconómicos.

FEIJÓO, PAGA TODO O QUE DEBES!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario