Para o coñecemento e difusión entre as traballadoras e traballadores públicos, o calendario de mobilización acordadas polo Pleno do Comité de Empresa de Traballo e Benestar da Coruña. O Comité fai un especial chamamento á participación do persoal laboral nestas mobilizacións co fin de loitar pola recuperación do artigo 19 do Convenio colectivo e contra os recortes de medios e persoal nos nosos centros.
17 de setembro de 2015 (xoves) HORA: De 11,00 horas ata 13,30 horas.LUGAR: Zona de entrada da SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO NA CORUÑA.
O motivo destas CONCENTRACIÓNS é demandar á Xunta de Galicia a defensa dos servizos sociais, contra os recortes en atención directa e contra a privatización. Denunciando as especiais condicións de traballo do persoal dos centros de Residencias de Maiores, centros de Menores e CAPD A Coruña, especialmente as derivadas da anulación do artigo 19 do Convenio Único do Persoal Laboral que ao estar suprimido pola Xunta, impide a compensación en descanso do traballo en domingos e festivos.
DIFUNDE E PARTICIPA !!!
POLA RECUPERACIÓN DO ARTG. 19 E AS COMPENSACIÓNS POR TRABALLO EN DOMINGOS E FESTIVOS!!!
CONTRA OS RECORTES DE MEDIOS MATERIAS E DE PERSOAL NOS CENTROS DE BENESTAR!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario