Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

xoves, 3 de setembro de 2015

Comisións, prórrogas e adscricións de persoal funcionario en xullo e agosto de 2015

Están a paliar a perda de chollo nos concellos, logo das últimas eleccións locais, colocando a algunha persoa provinte dos anteriores gobernos do PP que se afogaron na marea, por exemplo na Consellaría de Educación


Achegamos a listaxe das resolucións emitidas por Función Pública durante os meses de xullo e agosto de comisións de servizo, prorrogas, adscricións provisionais e revogacións.

Curioso aumento do número de novas concesións de comisións de servizo en pleno verán, tanto en número como en calidade. Visto isto dá que pensar que o concurso de traslados de corpos xerais non vai ir moi lixeiro...

Nestes dous meses de xullo e agosto hai unha suba destacable no número de novas comisións, pasamos de 48 no mes de xuño a 125 nos meses de xullo e agosto. Tamén se renovan comisións a un número alto (isto depende da data da resolución inicial e de que moitas dependen da resolución do concurso que está actualmente en marcha) pero que non chama a atención significativamente, xa que pasamos de 124 prórrogas en xuño a 185 nos dous meses seguintes. Descargar arquivo

Si hai unha suba chamativa no número de adscricións provisionais, non tanto polo número (pasan de 3 en xuño a 9 nos dous meses seguintes) senón polos postos: subdireccións e de xefaturas de servizo, visto que 5 destes novos nomeamentos son nestes postos. Ademais vese que deste xeito están a paliar a perda de chollo nos concellos, logo das últimas eleccións locais, colocando a algunha persoa provinte dos anteriores gobernos do PP que se afogaron na marea, por exemplo na Consellaría de Educación.

Con respecto á calidade dos postos das comisións de servizo que se están a conceder no verán, destacamos que se deron 6 novos postos de subdirección e 16 de xefatura de servizo. Así mesmo, tamén se prorrogaron 12 postos correspondentes a estes níveis. Non sabemos por que non se nomean en LD, pero imaxinamos que é mellor apalancar postos para que non saian aos concursos de trasladas e poder traficar con eles no mercado negro? En fin, política clientelar, o que lle gusta a este goberno.

Chámanos a atención, por último, que haxa un par de letrados que cumpran actualmente máis de catro anos en comisión de servizos en xefaturas de servizo e na mesma consellaría, Vicepresidencia. Letrados e compañeiros de corpo do noso director xeral da Función Pública que se pasan, precisamente estes, a normativa de provisión temporal de postos polo arco do trunfo... e por que? porque poden, porque lles deixan, porque aquí hai quen pode facer o que lle peta, e dentro destes grupos privilexiados, o corpo de letrados é unha destas elites que hai nesta Administración nosa que pululan por riba dos mortais.


Novas relacionadas:





Ningún comentario:

Publicar un comentario