Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

venres, 18 de setembro de 2015

"Xogar cos funcionarios"

"Xogar cos funcionarios" é o título dunha "Carta á Dirección" publicada na edición dixital de El País. En tan só 14 liñas desgrana a hipocresía e o populismo que estamos a vivir as empregadas e empregados públicos nesta devolución por fascículos dos nosos dereitos laborais. "A todas luces incecente" conclúe a carta.

Primeiro recortáronnos e humilláronnos publicamente para gañar votos, agora devolven migallas a prazos e adúlannos nas roldas de prensa, agradecendo os esforzos, tamén para rebañar votos. Pero ollo, non só para rebañar votos entre os empregados e empregadas públicas (e as súas familias), tamén entre a cidadanía en xeral. É necesario dar sensación de que todo vai ben, que ata o persoal público lle devolven pagas extras varias veces ao ano. É necesario dar sensación de bevenevolencia que o rollo duro fai perder moitos votos... son outros tempos e a decencia xa a perderon vai moito.

Cando, tanto aquí como en Madrid, se empeñan en dicir que todo o que está pasando non son "agasallos eleitorais", non sabemos a quen están pensando que enganan despois, xa non de tanto recorte, senón de tanto desprestixio. Resulta que éramos os causantes da crise, falábase de ineficiencia, todo era cuestión de xeneralizar ("son todos uns vagos") para desfacerse dos servizos públicos e privatizalos... esas privatizacións das que despois sairon públicas as comisións do 3%, do 5%, as mordidas, os sobres, etc.

Agora van e se endebedan para devolver a paga extra (canto menos no Estado), devolven días de vacións ou asuntos propios (dados no seu momento en lugar da suba do IPC) e xa non hai problemas nin co déficit nin cos "privilexios". A todas luces incecente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario