- Concurso de traslados: seguen traballando na filtración de posibles erros e en breve publicarán a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas. Nada aínda dos borradores do concuso de corpos especiais nin de persoal laboral (que depende da reunificación de categorías, o cal fica bastante parado).
- Procesos selectivos: en próximos días comezarán a publicar a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas; comezarán de menos a máis aspirantes: escalas de finanzas, logo corpos xerais promoción interna e por útltimo corpos xerais acceso libre.
- Decreto de listas e reunificación de categorías laborais: ían mandar en breve un borrador do novo decreto de listas, así como, ao longo deste mes, unha proposta de reunificación de categorías dos grupos IV, III e II (esto dixérono a principios de setembro).
- Persoal veterinario: houbo unha reunión o 24 se setembro para ultimar o programa que rexerá a vindeira convocatoria do proceso selectivo que quedará para o 2016; concurso de traslados tras a publicación da reforma da RPT de Medio Rural; pendente reunión da comisión de seguimento do acordo de condicións de traballo.
E por suposto, está tamén o da adaptación do RD 10/2015 dos días adicionais moscosos e de vacacións por antigüidade, que tamén ía ir en breve a unha nova Mesa Xeral e seguimos en saber nada de nada. E na Administración Xeral do Estado xa os están gozando. Non somos traballadoras e traballadores de segunda!!!
Novas relaciónadas:
Novas relaciónadas:
Ningún comentario:
Publicar un comentario