A Xunta de Galicia é todo recortes e austeridade. Nos centros de Benestar o persoal e os usuarios sufrimos estes recortes día a día. Non se renova o material: lavadoras estropeadas que non se amañan, restricción dos cueiros por usuario a 3 ao día, gruas para mobilidade dos residentes que non se compran, plantas pechadas como as da Residencia de Maiores de Ferrol, onde non se continua coas obras de mellora, falta de material de enfermería, redución nos costes do menú diario coa perda de calidade dos mesmos e sobreexplotación laboral ao non conceder compensacións por xornadas de 7 días, con domingos e festivos continuados. Baixas e vacacións de persoal que non se cubren polo que se sobrecarga o traballo que debe ser asumido polo persoal en quenda.
Pero as prioridades do goberno de Feijoo son outras. Así o recolle o DOG:
Dende o persoal de Benestar que traballamos en atención directa de centros de menores, residencias de maiores e centro de atención a persoas discapacitadas, CONSIDERAMOS UNHA VERGONZA E UNHA APROPIACIÓN INDEBIDA DOS ORZAMENTOS PÚBLICOS, esta subvención de 1,2 millóns de euros. Solicitamos a súa inmediata ANULACIÓN e o destino destes fondos a compra de material urxente e necesario para Residencias de Maiores, Centros de Menores e CAPD.(Centro de Atención a Persoas Discapacitadas).
Non é xustificable que dende o erario público se subvencione un SPA DE VIÑOTERAPIA e consideramos un compromiso coa verdade que os medios de comunicación informen deste tipo de dispendios feitos sin o mais minimo rigor e sin ter en conta as necesidades reales dos cidadáns que estamos seguros neste momento non pasan por un spa de viñoterapaia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario