Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 22 de setembro de 2015

Breve historia das pagas extraordinarias

Naceron no estado español co fascismo e son unha maneira de que a empresa (ou a Administración pública) reteña parte do teu salario durante un tempo mentres, contrariamente, poden ser percibidas polo seu nome como unha "gratificación". Retención bastante aceptada socialmente, o certo é que son poucos os convenios que permiten ao persoal elixir se as quere prorrateadas en 12 meses como prorrateadas en 12 meses son as cotizacións á Seguridade Social e a maioría dos recibos.

No caso do persoal público chégase ao esperpento de reter mesmo as pagas extras dun ano para os seguintes e empregar a súa devolución como arma eleitoral. Exteriormente, a devolución a contagotas da nosa extra do 2012 pode semellar como un regeiro de regalías cando en realidade é unha retención durante varios anos dun dereito xerado que se chama salario bruto anual. Na Xunta temos ademais a peculiaridade de ter recortadas as nosas extras desde o 2013 cunha perda bruta anual dun 4% de salario.

Recomendamos a lectura do seguinte artigo: "Breve historia das pagas extraordinarias" 

"A reacción dalgúns economistas estranxeiros cando ven que os funcionarios españois cobran dúas pagas extra é similar á de calquera de nós cando lemos segundo que cousas sobre as pensións dos gregos"



Ningún comentario:

Publicar un comentario