O sábado, 12 de setembro, publicábase o RD-lei que puña en riba da mesa outro cuarto da paga extra de 2012, un moscoso, os canosos e os días adicionais de vacacións por antigüidade, entre outras cuestións como un gasto adicional de 20 milllóns de euros en vehículos militares. Na Administración Xeral do Estado, o venres, 18 de setembro, xa publican as instrucións para adaptar eses cambios polo cal a partir deste momento xa poden facer uso deses días adicionais con límite no 31 de xaneiro do 2016.
A historia vén porque de todo o anterior só o moscoso ten unha aplicación directa e, polo tanto, inmediata en todas as Administracións. O resto precisa adaptación á normativa propia pero na Xunta para recuperar dereitos laborais non se dan tanta présa como para quitalos:
- O cuarto de paga extra cobrarémolo "previsiblemente" en novembro (non antes), mentres no Estado anunciaron o pagamento para outubro.
- Os moscosos por antigüidade e os días adicionais de vacacións xa son de aplicación inmediata co límite máximo do recollido no RD. Aquí dixeron que "en breve" convocarían outra Mesa Xeral (non podían levalo á do martes 15?) e non declaran se van ir ao máximo ou non do que permite a norma estatal (o RD deixao ao criterio de cada Administración).
Como non, na Xunta, a modo, pouco a pouco, estirando o chicle, mareando a perdiz ou como queirades chamalo, que no 2016 tamén hai eleccións. Se a esto unimos que aquí seguimos sen cobrar o complemento específico nas extras (ou equivalente para persoal laboral) e todo o resto de recortes adicionais "made in Galiza", a pesar de que "temos unhas cifras macroeconómicas mellores que a Administración central", pois semella que se ríen de nós e/ou contan con que van a estar aí toda a vida. Aínda que nos traten como tales, recordámoslle que:
Non somos traballadoras e traballadores públicos de segunda!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario