Un grupo de empleadas e empleados públicos de Traballo e Benestar fixeron unha sentada fronte a Sudelegación do Goberno na Coruña para protestar fronte os continuos recortes nas residencias de maiores e persoas con discapacidades.
Entre as denuncias destacan a diminución contiuada do orzamento para os servizos sociais públicos, en detrimento do aumento dos cartos destinados aos concertos coas residencias privadas. A pesar de que as denuncias van contra a Consellaría de Traballo e
Benestar, a protesta foi fronte a subdelegación do Goberno onde
presentaron por rexistro unha carta dirixida ao goberno central.
Froito desta diminución orzmantaria están a sufrir nos só o persoal senón os usuarios dos servizos unha merma na calidade. Falan de: quendas de traballo sen libranzas en 7 días, falta de cobertura de vacacións e baixas, co que traballan ao límite para atender a personas moi necesitadas
Por outro lado, afirman que a consellería de Benestar reduciu o orzamento non só en persoal senón tamén en materiais e evse afectado os comedores ou cuestións tan básicas como os cueiros, que están reducidos a 3 ao día.
Ningún comentario:
Publicar un comentario