Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

luns, 17 de novembro de 2014

A Cultura amortízase na Xunta


Vimos de coñecer hai uns días a intención da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de proceder a amortización de dezaséis prazas vacantes do seu actual cadro de personal. Ditas amortizacións están baseadas na famosa e archiconocida Lei de orzamentos de 2013 (mellor chamada lei de amortizacións), polo que todas as prazas vacantes deben ser amortizadas.

Neste contexto a área de Cultura tocoulle aforrar 1.000.000 de euros en personal; e xa nunha primeira fase a principios de ano cargouse 28 prazas, e agora nunha segunda fase tócale ás 16 seguintes.

Chama poderosamente a atención que o noso boss-presidente señor Feijoo ande cacarexando que todo está a mellorar e que xa saímos da crise e por outro lado siga a apretar o cinturón da Administración, cargándose prazas que teñen un traballo asignado.

Pese a que as prazas se volatilizan o traballo non desaparece, segue ahí, ao non haber personal propio, xa sabemos o que pasa…. contratacións alleas, sentenzas de indefinición, malgasto no capítulo 6.

Arquivos, Museos e Bibliotecas: os máis machacados

Tamén é curioso que todas as futuras amortizacións se concentren nos centros que dan un servizo cultural externo (arquivos, museos e bibliotecas), centros que por un lado levan anos e anos cunha escasez gravísima de medios persoais e materiais,  e que merced a o esforzo das súas  traballadoras e traballadores van sacando o traballo para adiante, e que son agora premiados con estes recortes (será que son pouco protestóns...).

Chama a atención que a Administración amortice plazas vacantes, que están nesa situación pola propia inactividade da Xunta; por poñer un exemplo a última oferta de emprego público do grupo A2 de arquiveiros limitouse a convocar 8 prazas, habendo 12 vacantes, e a oferta actual do A1 arquivos conta con tres prazas, habendo polo menos 7 vacantes. Así claro que se pode amortizar: primeiro non ofertas, despois fas unha lei que amortice prazas, fas un concurso no que a xente non se move por seren prazas de niveis base 20/16, e logo xa as podes eliminar con total tranquilidade (todo legal, pero nada moral).
 
Todo no contexto da aprobación  moi recentemente da nova Lei de arquivos de Galicia, que queda como un brindis ao Sol, perante estas amortizacións en materia de control documental. Será que os señores deputados van por un lado e a Administración vai por outro…

Por outro lado a xogada urdida pola Xunta, obriga as novas promocións de funcionarios e funcionarias que se están a incorporar aos postos de traballo (merced a procesos selectivos) a escoller únicamente prazas alonxadas dos seus centros de residencia e ocupadas por interinos; o cal fai que se cambien as caras pero que as carencias destes centros continúen a ser agobiantes; neste caso destaca o Museo Etnolóxico de Ribadavia totalmente descabezado de personal técnico.

Nos non queremos que se amorticen plazas, e dende logo que non se faga dun modo subxectivo e irracional sen ter en conta as necesidades dos centros. É verdade que se cadra existen centros superdimensionados, pero non é menos certo que hai aínda maior número de centros infradotados. Neste senso chama a atención a Biblioteca e o Arquivo do Gaiás que van a sufrir un recorte de técnicos que fará imposible levar adiante o traballo técnico encomendado como cabeceiras dos sistemas bibliotecario e arquivístico do país; e amáis abrir os centros polas tardes como sería de obligación para dar un servicio público de calidade.

Neste contexto que se prime a idea de aforrar porque unha lei dí que x situacións se eliminen, pero a trampa está en que a propia Xunta fomenta esas situacións. Querenos saber onde está o aforro na prazas de Gabinete?? Ah!!! ,claro e que ahí non hai vacantes…..

Ningún comentario:

Publicar un comentario