Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

luns, 24 de novembro de 2014

A Xunta tenta impoñer unhas quendas de traballo que están a convertir os servizos sociais nun foco de explotación laboral


A concentración tivo lugar, durante toda a maña, do venres día 21 de novembro de 2014. O Comité de Empresa de Traballo e Benestar foi convocado pola Xefa Territorial de Traballo e Benestar e polas Direccións dos centros, para volver outra vez a impoñer as mesmas quendas de traballo que foron declaradas non equilibradas e inxustas en fallo xudicial do ano 2013. A representación do persoal rechazou unha vez mais unhas quendas de traballo que están a convertir os servizos sociais nun foco de explotación laboral, donde as baixas por problemas de saúde derivados da sobrecarga física e o estrés laboral son cada vez mais numerosas e resulta imposible a conciliación laboral e familiar ao traballarse, sete e nove días continuados, domingos e festivos seguidos con secuencias de tres a seis domingos ou festivos continuados de traballo.

A representación sindical do Comité de Empresa calificou de denigrante e temeraria a imposición destas quendas de traballo que non teñen en conta as especiais circunstancias que se dan nas Residencias de Maiores, nos Centros de Menores e no CAPD da Coruña. Asi mesmo acusaron aos directores deste centros e a Xefa Territorial de complicidade manifesta e alevosa coa política de recortes de beatriz Mato que leva a un deterioro progresivo ds condicións d etraballo e das instalacións dos centros que poñen en perigro a saúde do persoal e a vida dos usuarios. Baste recordar o recente suceso da caída da rampa de acceso do CAPD da Coruña que poido derivar en victimas ou a situación de paralización das obras da Residencia de Maiores de Ferrol que manteñen no caos a vida diaria dos residentes e do persoal deste Centro.

Mais dun cento traballadoras e traballadores gastando o seu día de libranza, acudiron a apoiar as demandas do Comité de Empresa con pancartas e berros reinvindicativos entre os que destacaron:

UNS A TRABALLAR OUTROS A ROUBAR!!!
MENOS BOLSOS E MAIS PERSOAL !!!
NON, NON, NON, AOS TURNOS MACHACADORES !!!
NON SOMOS ESCLAVOS, SOMOS TRABALLADORES  !!!
CONSELLEIRA DIMISIÓN, BEATRIZ MATO DIMISIÓN  !!!
OS DOMINGOS E OS FESTIVOS, QUE OS FAGAN OS XEFES  !!!
QUEREMOS OS TURNOS QUE FAN OS DIRECTORES !!!


A protesta rematou cunha sonora pitada aos directores e directoras dos centros, cando pasaron diante do persoal ao rematarse a reunión sin a aceptación por parte da representación sindical das imposicións propostas.

Paralelamente a esta mobilización tamén na Residencia de Maiores de Torrente Ballester e na de Oleiros houbo concentración de protesta para reivindicar unhas quendas de traballo equilibradas e respetuosas coa saúde do persoal e o dereito de conciliar a vida laboral e a familiar.

As mobilizacións e protestas van a continuar mentras non se solucionen os graves problemas de recortes e desatención na que están os centros de atención directa de servizos sociais na provincia da Coruña.

Ningún comentario:

Publicar un comentario