Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

xoves, 20 de novembro de 2014

Sra. conselleira de Traballo e Benestar, menos bolsos e máis persoal


O dos bolsos fai referencia aos agasallos apuntados nos papeis de Gerardo Crespo para repartir a cargos e algúns funcionarios de Traballo.

A CIG de Traballo e Benestar da Coruña leva tempo denunciando as condicións laborais abusivas da consellaría sobre o seu persoal que traballa a quendas en residencias de anciáns, menores e persoas discapacitadas. Malamente se cubren vacacións e baixas e cada vez teñen que facer máis con menos recursos. Mentres os recursos para as residencias públicas cada día están máis recortados, para as residencias privadas continúa o negocio e os convenios.


Motivo este polo que, a través do Comité de Empresa, convoca unha concentración diante da Xefatura Territorial da Coruña este venres, 21 de novembro, ás 11:00h.

Contro o abuso laboral, mobilízate!


Ningún comentario:

Publicar un comentario