A semana anterior nos dirixiamos á dirección xeral da Función Pública solicitando os datos da implantación da flexibilidade e teletraballo que nos remiten desde principios de agosto (deberán ser mensuais). Tamén solicitábamos información sobre o proxecto Morpheo que tiña previsto a partir de
comezos de 2014 permitir a tramitación telemática tanto da flexibilidade como
do teletraballo, así como as vacacións, permisos e licenzas, a través da
sinatura dixital incorporada nas tarxetas das empregadas e empregados públicos.
Pois ben, responden que en breve van convocar a chamada "comisión de seguimento" da Orde de xornada, flexibilidade e teletraballo, que non volveu a reunirse trala súa constitución aló por febreiro.
Solicitan que se temos calquera pregunta, consulta, proposta, puntos
para a orde do día, etc,
que llas enviemos antes da celebración da comisión de seguimento para
que o poidan mirar e así darnos unha resposta na propia comisión.
Por outra banda, o 31/10/2014 presentamos recurso diante das Instrucións de flexibilidade, teletraballo e xornada laboral,
na liña do recurso xa presentado contra a orde que o regulamenta por
vulneración na lei de igualdade con relación á flexibilidade familiar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario