Fai pouco foi o lamentable estado residencia de Caranza (Ferrol) a que saía nos medios por denuncia da CIG, da que se fixeron eco varios grupos políticos, dunhas reformas que non daban chegado. Agora son as compañeiras e compañeiros do CAPD da Coruña quenes nos avisan do desmoronamento da rampa de acceso ao centro, unha metáfora do que está a suceder coa xestión que fai a Xunta dos centros públicos de servizos sociais.
Esta mañá ás 11 ocorreu algo que se vía vir, que o Comité de
Traballo e Benestar de A Coruña e todos os sindicatos levabamos tempo
denunciando sen que o Director -Constantino Piñeiro Cajete-, e a Xefa
Territorial -Pilar Caridad- fixeran nada.
A rampa do CAPD A Coruña -ex Santiago Apóstol- é moi vella, non está en
boas condicións e sofre un bo paso de vehículos, ademais de que unha
rampa tan pronunciada é antihumana para moitas das persoas
discapacitadas que a usan.
Esta mañana
parte da rampa, co arcén, veuse abaixo, ca enorme sorte de que nese
momento non pasaba por riba do arcén nengún camiñante e nengún coche
por riba da rampa.
Facer constar que a
foto está tomada lonxe e anque arriba á dereita, vese algo da caída, o
caído é moito máis que o que se vislumbra na foto.
Hai pouco prantexouselle ao Director unha serie de elemental melloras e dixo que "gasto de diñeiro, nen falar"
O Director cumple a política do Partido Popular de que o traballo
máis duro recae nos Colectivos que máis traballan de luns a domingo.
Agora houbo todo un aviso e diante dese aviso a CIG de Traballo e
Benestar de A Coruña urxe que non haxa un só punto inseguro no Centro
porque xa era o último que faltaba que os traballadores nos lesionaramos
por culpa dunha Xunta que non lle importan os Servizos Sociais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario