A EGAP (Escola Galega de Administración Pública) está sembrada: a semana pasada organizando un curso de TRANSPARENCIA e esta semana un curso de CORRUPCIÓN E ÉTICA PÚBLICA nas Administracións, claro. Pois non van e traen como ponente deste curso a unha persoa condenada por corrupción? Como di o refrán "en casa do ferreiro, coitelo de pau" xa que a Xunta non está precisamente para dar leccións nin clases maxistrais de transparencia nin de ética pública.
Ben, pois un dos ponentes do curso vai ser José Luis Barreiro Rivas. Esta persoa, colaboradora habitual do Grupo Voz, fora alto cargo nos anos oitenta e tivera que abandonar o Goberno galego condenado polo Tribunal Supremo a 6 anos de inhabilitación especial por prevaricación nun caso de corrupción moi sonado con relación á lotaría autonómica. Que fráxil é a memoria.
A ver, que se do que se trata é de invitar a xente que "realmente sabe do tema" poderían terlle ofrecido a Bárcenas unha teleponencia desde Soto del Real, a Granados desde Madrid VII ou para darlle un toque de faranduleo ata coa Pantoja desde Sevilla. Que si, que Barreiro Rivas xa está "reahabilitado", que ao mellor consideraron qué mellor persoa para dar un curso de como previr a corrupción que quen foi corrupto.
Non vos lembrades do maior estafador do século, Frank Abagnale, que con 16 anos se convertiu no impostor máis famoso do mundo? As súas “fazañas” son o tema central da película “Atrápame si puedes” de Spielberg. Despois de cumplir unha condea de cinco anos, a súa profesionalidade como estafador impresionou tanto que foi contratado polo FBI e varias multinaionais para realizar asesorías en seguridade.
Por certo, o curso está organizado conxuntamente pola EGAP e a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, co que, ademais de no DOG, La Voz de Galicia tamén se encargou de anuncialo. Ao final van ter razón a xente de Tempos Galegos cando falan da futura fusión DOG e Voz de Galicia.
Por suposto, aquí non dimite ninguén, e por suposto a directora da EGAP suponse que tampouco vai dimitir por esta metedura de pata. Que non nos esquezamos que todas estas "obras de teatro" as fan con cartos da cidadanía, cartos para formación en materia de Administracións públicas, non cartos para rirse de nós. En fin, suma e segue.
Sobre a transparencia
Sobre a transparencia
Por dar unha pinceladas sobre o incurmprimento da Lei de Transparencia, a Xunta ignora reiteradamente o artigo 17 que lle
obriga a publicar nominalmente na súa páxina web as retribucións
públicas percibidas polo persoal eventual, entre outros, con expresa
indicación dos diferentes conceptos retributivos. Ao
día de hoxe esa lista non está dispoñible e só algunhas consellarías, e
non de xeito facilmente accesible, publican as retribucións das pesoas
que ocupan a xefatura do Gabinete ou de Prensa máis non o do resto de
persoas colaboradoras. Ex: Facenda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario