Recentemente publicou o DOG os festivos locais galegos para o ano 2015, deste xeito xa podemos pechar o noso calendario formato A4 "feito na casa" e ofrecercho para descargar.
Neste calendario tedes os festivos galegos e máis os do concello de Santiago que son os que afectan aos sevizos centrais da Xunta de Galiza. Este ano caen en festivos o 14 de maio, xoves (Ascensión) e 24 de xuño, mércores (San Xoán).
Porén, no noso local temos tamén calendarios só coas festas do país, coma sempre, en dous formatos: de mesa (de facer papiroflexia) e de peto (autocolante).
Ademais, podes visitar a seguinte páxina, onde tes os festivos do resto do estado e de todas as comunidades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario