Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 25 de novembro de 2014

Oferta de Emprego Público como signo de recuperación económica

O titular non é noso, o titular é da Voz de Galicia, pero estamos de acordo que é o que tenta vender a Xunta. Onte anunciaban publicamente 53 prazas de Administración xeral, hoxe son 300 do Sergas e 400 de Ensino as que poñen enriba da Mesa.

Detrás destes númersos se atopa algo máis que "dispoñibilidade orzamentaria" ou mesmo "oportunidades laborais" xa de por si escasas na nosa terra. O que se esconde tras estes números é que de cada 2 profes que se xubilen, cubriran 1, de cada médico que se xubile, cubrirán 1 e así tamén co resto de postos que entendan de "necesaria cobertura".... nos que curiosamente non están os servizos sociais nin a maioría de traballos que realizamos na Administración xeral.

No que nos toca, temos que dicir que desas 53 xa nos falou o director xeral da Función Púbilca na Mesa Xeral do 21 de novembro, aínda que sen concretar: que si algunha de loita contra a fraude fiscal, que si algunha de persoal veterinario... pero sin detallar de cantas, de que parte de promoción interna, etc. É máis,  no canto de concretar o número de prazas por corpo/escala, informan que no primeiro trimestre do 2015 habería outra Oferta de Emprego Público (OPE) dentros dos límites que permite a actual taxa de resposición.

Xa nos da un pouco igual o tráfico de información e o tema de sacar rédito eleitoral co tema da OPE, teñen todo o seu dereito. Agora ben, non sabemos moi ben a quen pretenden enganar desde o Consello da Xunta con estas estratexias políticas de tan baixo calado. 

Ben pequena vai ser logo a recuperación con esas cifras... en fin, que lle conten esas milongas da "recuperación" ás persoas que botan da súa casa, as que durmen na rúa, ás que non poden pagar a luz, ás que deixaron os estudos por non poder pagalos ou por ter que traballar e que llo conte tamén ás persoas que deixaron o noso país por non atopar un traballo decente... pero claro, a sra. conselleira non fala con esa xente nin lle preocupa un ápice o sufrimento das galegas e galegos, só lle obsesiona o "crecemento ao 2%"... o crecemento das persoas que máis teñen, desas que lles da igual que na pública non cubran médicos, profesores e demáis persoal porque poden permitirse o luxo de ir á privada.

Que por que nos poñemos así? Pois nos poñemos así porque mentres se fala de recuperación económica en base a unha microoferta de emprego público, logo, cando se lle propón que as persoas que máis teñen sexan as que máis paguen, responden que iso tería "escaso efecto". Xa non imos entrar na discusión técnica, senón na discusión moral; non se pode permitir que se hai que apertarse o cinto, llo fagan apertar precisamente os que non teñen nin cinto. E logo se estrañan de que lle chamen casta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario