Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 25 de novembro de 2014

Promoción interna: xa veremos

Colabora ti tamén en desatascar un pouquiño a situación e facer real o noso dereito á promoción interna:

Na Mesa Xeral do 21 de novembro destascáronse un pouquiño máis as convocatorias de promoción interna de corpos xerais. Non está mal despois de 5 anos e 3 acumulación de ofertas de emprego público.

En calquera caso, non foi demasiado xa que é máis ao que din "NON" que ao que din "SI" ou "XA VEREMOS". De momento, hai tempo para o "XA VEREMOS" xa que este mércores, 26 de novembro, hai comisión de Persoal e non vai na convocatoria nin este tema, nin tampouco a modificación da RPT de Cultura. Ou sexa, que están a mirar e seguramente cambiarán algo. O caso é o que, pero tamén o cando.

Agradecemos que, tal e como pedíamos, desatascaran o tema,  pero agradeceríamosllo máis se soubéramos, canto antes, cando e como pensan sacar a convococatoria, e non é porque deixemos de preguntarllo ao director xeral de Función Pública; outra cousa é que nos conteste.

Certo que o EBEP no seu artigo 37.2 exceptúa da negociación colectiva a regulación e determinación concreta, en cada caso, dos sistemas, criterios, órganos e procedementos de acceso ao emprego público e a promoción profesional e, por sorte, non se cumpre, porque, canto menos formalmente, negocian todos os procesos selectivos. Pero é que tamén o EBEP no seu artigo 69 recoñece que en todo caso, a execución da oferta de emprego público ou instrumento similar deberá desenvolverse dentro do prazo improrrogable de tres anos e, por desgraza, tampouco se cumpre "por razóns organizativas".

Discusións normativas a parte, nós xa dixemos no Boletín que "o Scatergorix" era da Administración e que esta decidía como e cando, pero hai que recordarlle que o dereito á promoción profesional é noso e súa a obriga de promovela.

E como se promove a promoción interna? Pois ademais de ofertando prazas públicas de promoción interna (cun custo moito menor que as de acceso libre se falamos de "austeridade"), convocándoas e apliacando, por exemplo, o artigo 24 do Decreto 93/1991, de 20 de marzo, que recolle que nas convocatorias para o acceso a corpos ou escalas por este procedemento [promoción interna] deberá establecerse a exención de probas encamiñadas a acreditar os coñecementos xa esixidos no corpo ou escala de orixe.

O Non, o Si e o Xa veremos


A triste realidade é que na Mesa Xeral vimos pouca gana de cambiar algo de substancia na fase de oposición: non queren cambiar o tipo de probas porque din que son "as habituais en todas as Administracións" e non queren reducir o número destas salvo no exercicio de lectura pública do A1 e A2 que están valorando quitalo ou non. Iso si, garanten o compromiso da EGAP de publicar todos os temarios e actulizar os que xa existían (corpo de xestión e corpo superior).

Actualización (26/11/2014):  confirman ao final da Comisión de Persoal que nos convocarán a outra reunión para tratar o tema e "facer un último intento na negociación", pero non da data. Porén,  deixou claro o director que non pretenden cambiar o modelo formulado incialmente.

Actualización (27/11/2014): o que están valorando quitar é a lectura pública, non o terceiro exercicio, ou sexa que non habería que ler o exercicio pero si redactalo.

En canto ao que é habitual noutras Administracións, achegamos dúas convocatorias de promoción interna: a primeira a de corpos xerais da Administración Xeral do Estado e a segundo a das diferentes escalas da AEAT. Nestas convocatorias podemos ver diferentes probas ás que propón a Xunta, por exemplo, na acumulación de varias probas nun só exercicio ou no concepto de persoa "Apta/Non apta" no primeiro exercicio tipo test.

En canto ao tipo de exercicios, defendemos os tipo test con carácter xeral xa que son os que resultan máis obxectivos. O cénit desta subxectividade dase no terceiro exercicio do grupo A2 e A1 que racha co principio da corrección anónima xa que hai que expoñelo oralmente diante do tribunal. A exposición oral debe reservarse, como fan noutras Administracións, para corpos ou escalas que sexa necesaria esa capacidade. En todo caso, na promoción interna é máis probable que en acceso libre que os membros do tribunal coñezan ao opositor por relacións laborais preexistentes. 

Si que hai que recoñecer que cambiaron bastantes cousas na fase de concurso (aumentando peso da antigüidade, do grao, minorando a diferenza de puntuación entre niveis, nos cursos...). O que si hai moita resistencia é a quitar a caducidade nos 8 anos dos cursos realizados, salvo "os que só se poden facer unha vez” (negociado, sección ou directivo).

O tema dos cursos resulta "pataca miuda" respecto ao tema global da promo interna. Pero hai que deixar claro que non ten sentido establecer, con carácter xeral, que todos os cursos (salvo negociado, sección ou directivo) perden toda a súa validez pasados 8 anos. Haberá cursos e cursos, algúns que perdan validez máis rápido que outros pero de xeito total é moito asumir. En calquera caso, formular agora este debate, nun momento de recorte do gasto en formación á que pode acceder o persoal, e de xeito puntual, só para unha promoción interna, non é de recibo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario