Sorprendentemente,
a finais de xullo mandou o director xeral da Función Pública os
borradores das convocatorias da promo interna de corpos xerais. Como ben
sabedes, estes borradores son infumables e xa non só polo fondo, que
parecen máis unha convocatoria de acceso libre, senón polas formas.
E
cales son as formas? Pois 5 anos sen convocar nada, 3 ofertas de
emprego público acumuladas, e agora veñen cunha convocatoria
completamente diferente á última.
E
non só iso, despois das asembleas que fixemos en San Caetano e San
Lázaro, de presentar unha chea de alegacións que nos achegáchedes, veñen
cun segundo borrador practicamente igual que o primeiro. Falouse co
resto de sindicatos e decidimos levantarnos en sinal de protesta pola
falta de negociación.
Pero
non quedamos quietos: seguimos recollendo sinaturas en Change.org,
facendo cartaces de protesta e empapelando os centros, denuncíandoo no
Boletín e chegamos a facer unha concentración a través dos órganos de
representación en outubro no que demandábamos, entre outras, unha
promoción interna real. E seguiremos insistindo coa vosa axuda... por
moito que o eternicen, non o imos deixar descansar. Convoque, sr.
director, convoque e achegue un borrador de promoción, non un borrador
de putada.
Achegamos novo cartaz que podedes seguir pegando no voso posto de traballo para reclamar unha promoción interna de verdade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario