xoves, 5 de febreiro de 2015

RPT AMTEGA: hai cartos para subcontratar servizos, non os hai para persoal propio

Esto non o decimos nós, esto é a demostración evidente dos seguintes documentos: a proposta de modificación da relación de postos de traballo (RPT) da AMTEGA (na que amortizan postos ocupados por persoal interino, como se lles sobrara a xente) e a seguinte análise da contratación desta axencia durante os dous últimos anos.

Que a AMTEGA ten unha enormidade de traballo por facer é algo evidente vendo non só o seu Decreto de creación, senón a totalidade de contratos que leva a cabo.  O problema é cales deses proxectos deixan de lado ao persoal propio da Xunta. E tendo en conta a proposta de RPT parece que a privatización vai ir á máis tendendo a deixar só ao persoal directivo ou de libre designación e os currelas das empresas.

RPT en stand by

A RPT da AMTEGA dixo Función Pública a finais do ano pasado que en xaneiro "saberíamos algo" e seguimos sen saber. Demandamos unha reconsideración profunda do proxecto e opoñémonos a calquera amortización dos, xa por si, escasos postos actuais de currelas públicos.

Concurso irreal

Por último, temos que volver sobre o tema da execución do último concurso das escalas de persoal informático. Tras moito insistir sobre o tema e tras o toque de Función Pública, o AMTEGA baixouse da burra e dixo que ía retirar aquelas instrucións ilegais de que ninguén ía ir ao posto adxudicado no concurso. 

Transcorrido xa para un ano, e aínda sen RPT, a AMTEGA nin retirou nin mandou novas instrucións decindo que quen conseguiu un posto en Educación ía para Educación e quen o conseguía en Traballo para Traballo, ou sexa, cumprir co que figuraba na resolución do concurso e coa RPT que existía naquel momento. A que agarda? A RPT do concurso aínda segue estando vixente.

2 comentarios:

  1. Hai unha persoa que nos achega o seguinte comentario por correo electrónico que non coincide coas fontes que nos achegaron a queixa sobre o reparto dos equipos. Recordamos que podedes comentar vós directamente.

    "Bo día, eu son unha das persoas responsables de configurar o reparto de equipos informáticos da Xunta e estades faltando á verdade. Primeiramente fíxose un estudo do parque de equipos e se escolleron en primeiro lugar aqueles equipos máis vellos e de menos prestacións como os prioritarios a reemprazar. Despóis se intentou onde fose posible e por cuestión operativas, reemprazar os equipos de unidades completas reaproveitando aqueles que estivesen en bo estado prestacional para outras ubicacións.

    Foi un estudo moi complexo e deberíades de preguntar antes de decir barbaridades."

    ResponderEliminar
  2. O seguinte paragráfo eliminouse da nota inicial debido a outras informacións que nos chegaron posteriormente e non queremos que detraia a atención sobre o fundamental da denuncia: O recorte de persoal propio da AMTEGA.

    "Entre estes servizos subcontratados non figura ese megacontrato de telecomunicacións de 32 millóns de euros no que se inclúe a renovación de todos os equipos informáticos da Xunta, onde se segue unhas estrictas ordes xerárquicas de que os equipos dos altos cargos pasan para as subdireccións e os destes para as xefaturas do servizo e así sucesivamente. Entre estes servizos subcontratados está por exemplo o continúo remplazo dos cargadores dos smartphone dos altos cargos que os perden continúamente, o que lle importa tanto coma as súas abultadas facturas de telefonía que pagamos todas e todos."

    ResponderEliminar