As tarefas prestaríanse nas diferentes oficinas de emprego de todo o país. Os chamamentos realizaríanse polas listas de persoal interino A2 da Xunta coas titulacións específicas dos chamamentos de 2011 e 2013.
Tal e como viñamos anunciando, o director xeral da Función Pública anunciou o 4 de marzo, na Comisión de Persoal, a contratación de 56 técnicos/as de inserción laboral para as oficinas de Emprego do Servizo Galego de Colocación da Xunta de Galicia coa seguinte distribución por provincias: 15 A Coruña, 11 Lugo, 10 Ourense e 20 Pontevedra.
A duración prevista sería para o exercicio 2015 e realizaríase mediante a modalidade de persoal interino por programa. Xa que logo, non se trata sensu estrictu dunha contratación senón dun nomeamento temporal como persoal funcionario interino.
O procedemento de selección será o establecido polo Decreto 37/2006, a través das listas A2 con requisitos de titulación en Educación social, Traballo Social, Relacións Laborais e RR.HH, Graduado Social.
A pesar da polémica das titulacións fai fincapé o director xeral da Función Pública que non se negociará cos sindicatos este procedemento de selección (nin os requisitos imprescinibles) dado xa foi negociada no 2011 e 2013, así como impugnado e confirmado o dito procedemento de selección pola Xustiza. Está prevista que a selección se realice a mediados deste mes de marzo, conxuntamente nos 4 ámbitos provinciais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario