As variacións en número do mes pasado a este foron as seguintes:
- Comisións: pasan de 51 a 66. Liña estable, en decembro houbo 48.
- Prórrogas: foron neste mes 52, no anterior 25 e en decembro 79. Aquí a estabilidade non é unha das características a sinalar. Seguen existindo vulneración nos tempos por parte de persoal que vén doutras Administracións.
- Adscricións: pásase de 9 a 3 e o que si é curioso é o lixeiro aumento de revogacións de comisións, nomeadamente dúas no mesmo sitio, a APLU (órgano de control do urbanismo).
Como
curiosidade comentar que o director de Meteogaliza, habitual destes
listados, cesou oficialmente o pasado día 3 de marzo, sairá nas
revogacións do mes que vén.
Continúamos comunicándolle a Función Pública as ditas irregularidades e seguimos demandando que se regulen as comisións de servizo por procesos obxectivos se ben o camiño que hai que levar é o dos concursos permanentes cos que gaña a maioría do persoal funcionario e da cidadanía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario