Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

luns, 30 de marzo de 2015

Continúan os problemas co persoal do CAPD da Coruña

Este luns, 30 de marzo, no Informativo de Radio Coruña ás 14.13 e ás 19.13 sae algo.
O CAPD A Coruña -Centro de Atención para Persoas con Discapacidade- ten un problema estrutural de falla de persoal.

Este problema estrutural agrávase pola política que leva a Consellería de Traballo e Benestar de cubrir as baixas a partires do 14º día; de cubrir menos da metade do persoal que ten vacacións; e de non cubrir, especificamente, as vacacións das persoas que están xubiladas parcialmente e as baixas das persoas que están xubiladas parcialmente.

Esta suma de feitos provocados pola política da Consellería produce uns resultados tremendos no CAPD A Coruña que se traduce nunha sobrecarga brutal para as traballadoras e traballadores, que xa soportamos a inhumanidade dos TURNOS MACHACADORES que temos, e na baixa de calidade na atención que deben ter as persoas que atendemos.


Esta última semana está a ocorrer no CAPD o seguinte por non cubrirse as seguintes ausencias: as vacacións de dous Educadores xubilados parciamente; unha baixa dunha Educadora xubilada parcialmente; unha baixa dunha Camareira; unha baixa dunha Camareira xubilada parcialmente; catro baixas de catro Coidadores.

A Consellería está a practicar unha política inhumana que o Director do CAPD segue ao pé da letra. Esta política baseada no aforro público das cousas importantes para as persoas máis desfavorecidas, de recortar onde máis dano fai é a que a CIG denuncia, é a política que ten que mudar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario