A pesar da mensaxe institucional que se transmite desde a Xunta, de portas para adentro o da "recuperación económica" resulta claramente unha trola. Na última Mesa Xeral e Comisión de Persoal foron tres as propostas de modificación de relacións de postos de traballo (RPTs) que supoñen continuar coa tendencia de destrucións postos de traballo público: AMTEGA, Axencia de Infraestruturas e Vicepresidencia e Consellaría de Presidencia. A proposta da RPT do IGC retirouse da orde do día a petición da Consellaría de Economía e Industria. Descargar documentación
Houbo mínimas modificacións, nalgún caso, na Mesa Xeral do 13 de marzo, pero as consellarías seguiron para adiante coa teima do axuste orzamentario de exercicios pasados e a amortización dun montón de postos vacantes que previamente deixaron sen orzamentar pero tamén outros que estaban xa orzamentados como os que quedaron vacantes tralos concursos (pedimos listaxe).
O máis destacable foi a marcha atrás da AMTEGA na amortizaión de 4 postos ocupados por persoal interino e temporal, como tamén fixo Medio Rural que deu para atrás no seu momento no despedimento de 10 traballadores/as; queda feo botar xente a rúa antes das eleccións. Agora ben, aumentan o número de persoal por libre designación e continúa o camiño da total privatización dos servizos informáticos da Xunta.
Na Comisión do 17 de marzo, os catro sindicatos presentes neste órgano votaron en contra destas tres propostas a pesar do cal sairon aprobadas co voto maioritario das persoas representantes da Administración.
Nesta Mesa e Comisión de Persoal avanzáronse temas moi agardados, entre os que destaca o anuncio da convocatoria da promoción interna (con cambios substanciais respecto aos últimos borradores) e do concurso de corpos xerais para abril... será certo desta volta? Nada dos concurso de corpos especiais, de escalas ou de persoal laboral do que xa se comezara a traballar con el no verán do ano pasado, nin por suposto nada da implantación dos concursos permanentes, dos que leva falado o actual director xeral da Función Pública desde que chegou ao cargo, vai xa para 6 anos.

Outras cuestións de interese
Recuperación paga extra 2012
Como aspecto positivo, o director xeral da Función Pública tentou tamén vendernos o de que en maio-xuño cobraremos a 2ª metade da parte devengada daquela paga extra de 2012 que en todas as Administracións cobraron xa en xaneiro, cando non algunhas mesmo antes.
Datos do persoal doutras Administracións
Instrucións de Traballo e Benestar da Coruña
Xa non é a primeira vez que este departamento volve ir pola súa conta e saca unha circular obrigando ao persoal a comunicar a 31 de marzo, xunto co periodo vacacional, os 6 días de vacacións que se poden usar como moscosos (de xeito indpendiente).
Tras preguntarlle na Mesa Xeral, o director xeral da Función Pública responde na Comisión de Persoal que falara coa secretaria xeral técnica deste tema e que a circular da consellaría será adaptada aos criterios xerais de Función Pública: deberán solicitarse coa antelación suficiente (que será marcada pola consellaría) e estarán supeditados ás necesidades do servizo.
Postos ofertados para a toma de posesión de biologos/as
En canto ás prazas que se lle van ofertar finalmente aos biólogos/as dixo que polo de agora non miraron nada porque están inmersos nas emendas á LEPG.
Vaia excusas que poñen, as emendas á LEPG é un asunto político ou non está isto no Parlamento? Resulta unha vergoña que nin se cortan en recoñecer que teñen a maquinaria e recursos da Administración funcionando en base aos intereses do partido do Goberno.

Vindeira RPT de Turismo
Informou tamén o DXFP de que proximamente presentarán a RPT de Turismo (na parte que pertencía á Secretaría Xeral de Turismo) coa intención de aprobala no mes de abril.
Ningún comentario:
Publicar un comentario