A transparencia está de moda, polo menos de palabra; outra cousa xa é practicala. Feijóo vén de anunciar por segunda vez a nova lei de transparencia autonómica sen que ista chegara tan sequera a ser un proxecto de lei. Precisamente abriamos o noso Boletín de febreiro con este tema e o cinismo que o rodea.
O pasado 19 de marzo, desta volta tocoulle a Alfonso Rueda vendernos de novo a mesma vaca tralo Acordo do Consello polo que se autoriza o inicio da tramitación do Anteproxecto de Lei de transparencia e bo goberno. A primeira ocasión fóra Feijóo na súa comparecencia no Parlamento galego para anunciar as súas medidas contra a corrupción; medidas anunciadas para escapar de dar explicacións sobre a corrupción que lle salpicaba a el mesmo: a conexión Pachi Lucas e a Operación Zeta.
Para combater a corrupción,
propón, en primeiro lugar, máis transparencia, o cal nos parece
correcto. O problema é que se queda nunha recompilación de medidas que
xa existen e non se cumpren ou están desperdigadas en diferentes webs, ou ben
aborda algunhas problemáticas de xeito superficial.
Entre as medidas que existen (pero non cumplen) está a de publicar a lista nominal do persoal eventual e o que cobra, como lle levamos demandando. Convén recordar que as nóminas e os nomeamentos do persoal funcionario e laboral son
públicas. Tamén podía ter feito fincapé na publicidade das viaxes ou dos
gastos opacos de atencións protocolarias e representativas ou ou de con quen se reune, a
onde van e o que gastan os membros do seu Goberno.
Pero
centrándonos no cuantitativamente máis importante, podía mellorar a
transparencia en cuestións como a publicación íntegra dos convenios que fai a Xunta con determinadas empresas e entidades, as encomendas de xestión ou as asistencias técnicas por onde se vai moito máis diñeiro público.
E volverán a vendernos a vaca unha terceira vez cando presenten o proxecto de lei e seguirán sen cumprir o que manda a actual lei de transparencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario