Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

xoves, 26 de marzo de 2015

Minireunión de "mellora" das condicións laborais do persoal a quendas de Traballo e Benestar

O 25 de marzo tivo lugar unha minireunión que supón a continuación daquela primeira co director xeral de Función Pública onde se luciu coa mítica frase "agora que a crise xa vai remitindo..."

Estas reunións foron forzadas e están sendo forzadas pola gran capacidade mobilizadora do persoal dos centros de Benestar da Xunta que sigue reclamando a total recuperación do artigo 19 do V Convenio Colectivo suprimido pola Lei de medidas.

A consellaría de Traballo acompañada da Dirección Xeral de Función Pública entregan catro follas grapadas, escritas por unha cara con letra ben grande, para que ocupe mais que si non seria unha folla polas duas caras e andando. O escríto titúlase: liñas acordo sobre as condicións especiais de traballo dos centros de xestión propia da área de Benestar da Consellaría de Traballo e Benestar da Xunta de Galiza. Descargar

O escrito di exactamente o mesmo que nos viñeron contar na anterior xuntanza, salvo pola cantidade de euros que hai...que non o pon  e que o dia 31 entregaran dous proxectos de acordo:
  • un de creacion de postos
  • outro con creacion de postos pero en menor cuantia e un orzamento para pagar domingos e festivos.

As organizacions sindicais teran ata o 10 de abril para facer alegacions e pronunciarse por unha opción ou outra.

O director xeral de Función Pública explica que a demora da xuntanza foi porque Traballo andaba a negociar coa Conselleria de Facenda a ver si conseguia mais cartos, que o texto que nos van remitir o dia 31 irá unha das opcions co numero de postos de traballo por centros e categorias e no seu caso as garantias a respeito do traballo en xornadas consecutivas, e no caso da outra opción, o mesmo, incremento detallado de postos de traballo e orzamento destinado a pagamento dos domingos.

A CIG manifestamos que si non hai compromiso por escrito de data de reposición da integridade do convenio, non temos nada que decir. Estudiaremos o que nos manden por escrito, e faremos ou non alegacions segun estimemos oportuno.  O resto de sindicatos ratificanse no exposto pola CIG.

Funcion publica toma nota da esixencia de data de reposicion, e di que tentara desglosar o incremento de persoal por centro...

Fin da xuntanza....20 minutos mais ou menos. Facemos constar que fixeron ir a compostela a 11 persoas, para algo que podian comunicar por correo electronico...



Ningún comentario:

Publicar un comentario