A recuperación da outra metade da parte devengada que nos debe a Xunta da paga extra de 2012 virá da man da aprobación da nova lei de función pública a partir de abril.
A propia Voz de Galicia facía a semana pasada unha reflexión sobre o oportunismo eleitoral que supón aprobar en abril esta lei, así como do agravio comparativo co persoal da maior parte do resto de Aministracións públicas do Estado español, que xa cobrou a totalidade da parte devengada en xaneiro deste ano. Tamén, desta volta, fai fincapé este xornal sobre a diferenza entre persoal funcionario e laboral.
Estes 170€ dos que fala a nova non é máis que un promedio, como aqueloutra cifra dos 200€ dos que falaban os medios a finais do ano pasado. Alegrámonos agora que a Voz comparta o que nós levabamos dicindo xa desde que anunciaron esta devolución do que se nos debe por fascículos: que se trataba dunha medida eleitoral e aínda por riba inxusta con relación ao resto de compañeiras e compañeiros que traballan para o sector público que non dirixe Feijóo.
O que pasa un pouco despaercibido son estas outras dúas cousas: 1) a caixa de agasallo na que meten estes 170€ (a lei de emprego público) e 2) as outras cantidades adebedadas que tamén recoñece a Xustiza pero das cales nin Feijóo nin a Voz din nada (a parte devengada da paga extra de 2013).
Agasallo envelenado: a lei de emprego público
Sobre a lei de emprego público temos xa falado moito. Trátase dunha lei ampla que contempla un sector público ao servizo de intereses privados e non dos intereses da cidadanía. Esto consíguese restando independencia e profesionalidade ao persoal público e aumentando o control político sobre este: 1º) creando unha supercasta de persoal directivo de persoal alleo á Administración 2º) deseñando unha avaliación do desempeño subxectiva que permite remover do seu posto ao persoal público "incómodo" que chega a este por criterios obxectivos e 3º) potenciando as libres designacións e os concursos especiais (cunha alta porcentaxe de criterios subxectivos) para cubrir dixitalmente os postos de niveis máis altos.
A mensaxe está clara, a carreira administrativa vaise facer a partir de agora a base de criterios meramente subxectivos e de adhesión política, non de profesionalidade ou de satisfacción do interese público. Séntase así unha base legal para que os intereses privados (e tamén a corrupción) poidan campar aínda máis doadamente no sector público galego.
Para dulcificar semellante proposta entre o persoal público ao que maioritarimanete non lle gusta nada (lembremos que foi votado en contra o proxecto polos 4 sindicatos presentes na Mesa Xeral), mete unha disposición adicional na que se di que "unha vez aprobada esta lei", se nos devolva a outra metade devengada da paga extra de 2012.
Non só é unha medida cutre, tendo en conta que a maioría do persoal público xa se lle devolveu en xaneiro de 2015 (ou antes), senón que é extremadamente cutre, se temos en conta o momento (1 mes antes dunha cita eleitoral importantísima para o PP). Pensan acaso que a nosa dignidade vale tan pouquiño?
Teñen medo a perder algúns sillóns e dedícanse a facer cutrepolítica, repartindo as faragullas antes das eleccións, mentres as élites se levan o pan das nosas fillas e fillos. Quizáis se lles vai suficientemente mal nestas eleccións, veñan e nos devolvan a outra parte devengada do 2013 que tamén está recoñecendo a Xustiza. E se lles sigue indo mal, ata convocaran un concurso de traslados e unha promoción interna... ese é o nivel político que demostra o sr. Núñez Feijóo para as súas empregadas e empregados públicos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario