Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

sábado, 28 de marzo de 2015

Lazos laranxas pola reposición do artigo 19 do V Convenio Colectivo do persoal laboral da Xunta

Seguen os lazos colectivos. Os das fotos son os do persoal do CAPD da Coruña, os lazos colectivos que significan o espertar colectivo e que se materializou no éxito das 20 Concentracións autoconvocadas en 20 Centros de Benestar da Xunta esperexidos por todo o país.

Este espertar colectivo que xa non ten marcha atrás, que a Xunta estivo machacándonos moito tempo, PERO MACHACOUNOS MOITO, DEMASIADO, E A XENTE NON AGUANTAMOS MÁIS, imos saíndo da caldeira na que estamos, imos saíndo con forza, con ganas, con rabia....e así resulta que entre este espertar colectivo, a reivindicación que aumenta e aumenta, eleccións varias, a necesidade do Partido Popular de recuperar votos.....todo conxúgase para que este sexa O NOSO MOMENTO, o MOMENTO DE IR A POLO ARTIGO 19 ATÉ O FINAL, o MOMENTO DE SER TRABALLADORES CON DIGNIDADE E CON CONCIENCIA DE CLASE, o momento de dicir AQUÍ ESTAMOS!!!







Todos os Centros a polo artigo 19 que tennolo secuestradado a Xunta desde o 2012 coa lei de medidas.Lembremos o famoso artigo 19 do V Convenio do Persoal Laboral da Xunta:

a) Descanso adicional en tempo do 75% por traballar en domingos e festivos.
b) Traballar un domingo inhabilita para traballar o seguinte.
c) Traballar un festivo inhabilita para traballar o seguinte.
d) Descanso semanal de dous días ininterrompidos
e) Non traballar máis da metade dos domingos.
f) Non traballar máis da meta

Ningún comentario:

Publicar un comentario