Segundo informa o Servizo de Prevención de Riscos Laborais, este ano 2015 faranse un total de 20 visitas nas dependencias dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza, conforme á previsión realizada.
Este plan de visitas recolle avaliacións, na súa inmensa maioría, dos centros periféricos dos Servizos Centrais (Instituto Galego de Consumo e nas dependencias da Barcia e Feáns, entre outros) e dalgunhas dependencias de Área Central. Dentro de San Lázaro e San Caetano só prevé a do edificio de Traballo e Benestar, en San Lázaro, para principios de xuño.
Se queres acceder a esta programación, pincha neste enlace: Avaliación SSCC 2015.
Ningún comentario:
Publicar un comentario