Xa nolo anunciaran na última Mesa Xeral, non vai haber grandes cambios respecto das bases do último concurso salvo na fase de resultas que, ao fin, vai poder ser por posto concreto, como se leva facendo desde o concurso de persoal informático.
Nos méritos chama a atención que desistiran da limitación dos cursos de formación a 5 anos de validez, como anunciaran cando os borradores da promoción interna, do cal nos congratulamos.
Ao final desta nota tedes unha folla de cálculo comparativa respecto á puntuación de méritos entre o borrador do que podería chegar a ser o concurso 2015 e o que foron as bases do concurso 2013.
Respecto aos postos que van ofertar, agardamos que en breve nos dean acceso ao buzón de postos para poder acceder ás vacantes así como ás observacións das distintas consellarías sobre as que pretenden retirar da oferta.
Aproveitamos tamén para recordarlle ao responsable da Consellaría de Facenda que ten que ir apertándolle o cinto ao director da Función Pública respecto a dúas cuestións relacionadas: 1) poñerlle data pŕoxima ao resto de concursos nos que tamén existen vacantes e 2) a implantación dunha vez do concurso permanente, que para o persoal laboral ata vén recollido no convenio.
Descargar comparativa

Ningún comentario:
Publicar un comentario