O voto por correio está establecido pola Lei 9/1987 de Órganos de Representación nas Administracións públicas e desenvolto polo Real Decreto 1846/1994 polo que se aproba o regulamento de eleccións sindicais nos órganos da Administración xeral do Estado e que a Xunta aplica aquí supletoriamente.
Para exercer o voto por correo nas eleccións sindicais:
Tes que comunicalo previamente (solicitalo) a túa mesa eleitoral. Esta comunicación pode ser a partir do día seguinte á convocatoria eleitoral (dende a data de constitución da mesa xa se pode facer) e até cinco dias antes da data de votación.
A comunicación farase a través das oficinas de Correos (apresentando escrito en sobre aberto para ser datada e selada antes de ser certificada). Exixese documento de identidade. A comunicación tamén a pode efectuar no nome do eleitor, persoa debidamente autorizada, acreditanto esta a sua identidade e representación abonda.
Algunhas Mesas Cordinadoras poden permitir excepcionalmente a solicitude do voto a través dos rexistros da propia Xunta. No caso dos Servizos Centrais vai todo polo libro e só se considera válido a solicitude e posterior voto a través das oficinas de Correos.
A mesa, unha vez verificada a inclusión no censo, procederá a enviar as papeletas eleitorais e o sobre no que debe ser introducido o voto.
O eleitor introducirá a papeleta de votación no sobre remitido, que pechará, e este, á sua vez, e xunto con fotocopia do documento de identidade, introducirá noutro de maiores dimensións que tamén remeterá á mesa eleitoral por correo certificado (este último sobre debe ir aberto á oficina de correos).
Inda que xa se votase por correo, o eleitor poderá votar en persoa, eliminandose o voto por correo.
Modelo de solicitude
Asunto: Petición voto por correo
_______________________________________________________, con documento de identidade número __________________ , persoal funcionario da Administración Autonómica Galega, con destino en _______________________________________ , en relación ao proceso eleitoral á Xunta de Persoal dos servizos periféricos da Xunta de Galiza na provincia de Pontevedra, manifesto o meu desexo de exercer o voto por correo nas eleicións convocadas para o día 19 de abril de 2007.
Xa que logo, prego se me achegue a documentación ao seguinte enderezo:
_________________, ____ de _________________ de 2007
Ningún comentario:
Publicar un comentario