Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

xoves, 19 de marzo de 2015

Éxito total das 19 concentracións simultáneas convocadas polo persoal dos centros de Benestar (vídeo)


18 de marzo: día histórico nos Centros de Traballo e Benestar

Convocadas por traballadoras e traballadores, partícipes do grupo Facebook “Traballadores Centros Xunta”, tiveron lugar hoxe 19 concentracións en 19 centros da Consellaría de Traballo e Benestar.  Demandan a restitución do artigo 19 (descansos e festivos) do V Convenio Colectivo suprimido pola lei de medidas.

As Concentracións foron nas Residencias de Maiores de Oleiros, Torrente, Caranza,Carballo, Volta do Castro, Porta do Camiño, Vigo I, Monforte, Vigo II, Marín, Burela, A Pobra, Castro Caldela, A Nosa Señora das Milagres, Campolongo, ás Gandaras, A Milagrosa, e nos CAPD de A Coruña, e de Chapela, sendo o 19 de marzo a do CAPD de Sarria.

Ligazón ao vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=AZ14Y2x4PO4


Quenes traballamos a quendas estamos fart@s de tanto traballar. Estamos fartos de traballar dous fins de semana sí, un non, dous fins de semana sí, un non... de ter que traballar sete días consecutivos... de ter que traballar tres noites consecutivas... de que nos quitaran doce horas do descanso semanal...

Quen traballamos a quendas estamos fart@s de ser pouco persoal para tanto traballo. Estamos fart@s de que non cubran a metade das baixas e a metade das vacacións. Estamos fart@s de que nos rouben diñeiro por estar de baixa.

A Xunta de Galiza, a Xunta do Partido Popular foi a que impuxo a Lei de Medidas e esta Xunta do Partido Popular é a que nos ten secuestrado o artigo 19 do Convenio.

Teñen secuestrado que por traballar en domingos e festivos teñamos o 75% de descanso adicional. Teñen secuestrado que si traballamos un domingo, non traballemos o seguinte, e que si traballamos un festivo non traballemos o seguinte, e que non podemos traballar máis da metade dos domingos e a metade dos festivos.

Esta Xunta, esta consellería que dirixe Beatriz Mato, por quitar, até quitounos 12 horas correspondentes ao descanso semanal.

Esta Consellería é explotadora. Esta Consellería é dictadora. Pero non vai ser sempre así.

Teñennos esclavizados pero estamos rachando as cadeas, e cada vez máis, cada vez máis, berramos con máis forza: ”RESTITUCIÓN DO ARTIGO 19. RESTITUCIÓN DO ARTIGO 19”.

Hoxe ía ser a xuntanza da Xunta cos sindicatos pero a Xunta aplazouna para ver se as concentracións eran un éxito ou un fracaso.

Pois agora xa o saben: AS CONCENTRACIÓNS FORON UN ÉXITO. E iso que nalgúns Centros -especialmente na Residencia de Maiores de Oleiros- as Direccións estiveron dicindo que a Concentración era ilegal. Pois non. As concentracións foron legais, e foron un éxito.

As traballadoras e traballadores dos Centros de Traballo e Benestar non imos renunciar á restitución do artigo 19.

A Xunta quería saber se as Concentracións eran un éxito ou un fracaso. Xa saben que foron un éxito e que na xuntanza cos Sindicatos o mércores 25, teñen que propoñer moito, moito máis do que propuxeron na anterior xuntanza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario