Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

xoves, 19 de marzo de 2015

A Consellaría de Economía e Industria gastará 2.000.000 € en publicidade institucional sobre innovación e emprendemento

Desde o 2012 o custo desta campaña multiplicouse por dous.


Sempre poñemos o ollo crítico nas subvencións aos medios de comunicación, nos convenios pero tamén nos contratos do que se chama a "publicidade institucional" e que tanto falou o propio Feijóo de controlar no 2009 pero ao final decidiu deixar de lado no 2015. Recordemos tamén a nosa última denuncia do gasto de 1,5 millóns de € para animar á natalidade.

Cabreanos ver estes gastos, si, cabreanos cando se lle da as costas a emerxencias sociais, a saturacións hospitalariais, a aulas masificadas ou residencias de anciáns con falta de persoal.  Cabreanos tamén porque temos dereito, ao ver recortes de portas para adentro todos os días nos nosos centros, nos nosos postos e nos nosos dereitos. Non queremos nin imaxinarnos o que lles cabreará as persoas afectadas e familiares, por exemplo, pola hepatite C cos que Goberno e Xunta están xogando coas súas vidas.

E cabreanos ademais porque non estamos falando de investimento público en innovación e emprendemento, non, estamos falando de investimento público en publicidade das medidas de innovación e emprendemento. Na situación na que estamos, e máxime neste tipo de axudas á innovación, non resultaría máis racional e austero explorar outros campos de difusión como internet e redes sociais, que non darlles cartos aos medios de comunicación de sempre para que poñan a publicidade da Xunta? Onde está o beneficio real para a sociedade desta publicidade institucional? E logo se queixaran de que pensemos mal e desconfiemos ao ver o ben que saen parados, por exemplo na Operación Zeta, Feijóo e o seu amigo Negreira en certos xornais.

Desde o 2012, e con aumento significativo do gasto, a Xunta de Galiza vén lanzando unha campaña de publicidade institucional vinculada á innovación e o emprendimiento para "sensibilizar á poboación sobre os valores de Galicia como unha terra solvente para o desenvolvemento de proxectos e investimentos que a levarán cara ao crecemento e a xeración de emprego". A última delas, publicada no BOE do 18 de marzo leva por nome A innovación e a competitividade na industria de Galicia: cara á fábrica do futuro e, como consonte aos pregos, deberá reflectir "que a Xunta quere acompañar as empresas no impulso da innovación".

De feito, na introdución que deben ter en conta a empresa que resulte elixida para realizar os anuncios insístese en que "o Goberno galego está a traballar no asentamento dunhas bases sólidas que permitan fortalecer a economía e articular un modelo produtivo xerador de riqueza e empleo[...] Así, a Xunta de Galicia está a levar a cabo un esforzo intenso".

A campaña está orzamentada en dous millóns de euros: 70.000 para a creación de anuncios, espots e cuñas (lote 1); e 1.930.000 para a súa repartición entre os medios de comunicación (lote 2). Levarase a cabo durante un máximo de oito semanas en 2015 e outras oito en 2016.

No 2014, Feijóo adxudicou unha campaña case idéntica, entón por 1,4 millóns de euros. Era case o triplo que o ano anterior, 2013, cando destinou pouco máis de medio millón para a difusión de Galicia Emprende. No 2012, a campaña denominouse Galicia Competitiva e custou un millón.

Ningún comentario:

Publicar un comentario